Liña Universal

Publicado o: 18/12/2015

Proporcionarémoslle atención médica desde o primeiro momento.

Un médico de Liña Universal garantirá a atención máis axeitada do accidentado desde o primeiro momento. Ademais, organizará a súa evacuación de acordo coa natureza da súa lesión, e vaino/a asesorar medicamente sobre que facer durante o seu traslado.

E informarémolo/a sobre o centro de atención ao que pode acudir.

En función da proximidade e da gravidade do accidente, informarémolo/a dos centros sanitarios onde pode acudir, e facilitaremos os medios asistenciais e de traslado máis axeitados para que paciente e empresa reciban unha resposta rápida e áxil.

Cobertura mundial, 24 horas ao día, 365 días ao ano.

Cada traballador da súa empresa disporá da súa tarxeta personalizada cos teléfonos gratuítos para chamadas nacionais ou internacionais, ofrecendo axuda inmediata en caso de accidente, ou información xeral sobre as coberturas que ofrece Mutua Universal.

Un servizo ideal para colectivos de risco

Liña Universal é moi útil para traballadores en horario nocturno, que teñan que desprazarse fóra do centro de traballo, comerciais e equipos de mantemento ou que teñan que viaxar ao estranxeiro.

Liña Universal

Beneficios

  • Seguridade: servizo permanente, en calquera parte do mundo de asistencia e consulta.
  • Chamada gratuíta. Importante en caso de chamadas fóra do centro de traballo, desde outras empresas, locais públicos ou domicilios particulares
  • Soporte permanente de Mutua Universal en calquera situación.
  • Facilidade de contacto, en calquera parte do mundo.
  • Un médico especializado está sempre en contacto, achegando a mellor solución.
  • Cobertura mundial, os 365 días do ano, as 24 horas do día.
  • Tarxeta Liña Universal, o servizo Liña Universal preséntase en soporte de tarxetas, estas facilítanse para a súa distribución aos traballadores. A tarxeta Universal identifica o servizo e informa o traballador sobre que facer en caso de accidente
  • Cada traballador posúe unha tarxeta Universal, que está personalizada co nome da empresa e un número de identificación persoal.
  • A empresa recibe un cartel informativo para colocar nos taboleiros de anuncios e adhesivos para pegar en teléfonos e caixas de primeiros auxilios.