Desde cando se me recoñece a prestación?

Réxime Xeral: O inicio do pagamento da prestación será responsabilidade da entidade xestora, coa mesma data en que a empresa comunique o inicio de redución na Tesouraría Xeral da Seguridade Social sempre que a solicitude se formule no prazo de tres meses desde a data en que se produciu a devandita redución. Unha vez transcorrido ese prazo, os efectos económicos do subsidio terán unha retroactividade máxima de tres meses. 

Réxime Autónomo/vos: O inicio do pagamento da prestación será responsabilidade da entidade xestora, coa mesma data en que o traballador/a iniciase a súa redución de xornada declarada na súa solicitude de prestación, sempre que a solicitude se formule no prazo de tres meses desde a data en que se produciu a devandita redución.


Queres volver buscar respostas sobre algún tema?