Comité de Auditoría e Cumprimento
Órgano delegado da Xunta Directiva

Publicado o: 26/10/2015

Creado no ano 2008, o Comité de Auditoría e Cumprimento encárgase de supervisar o control interno, a xestión de riscos e cumprimento normativo da organización, así como o resultado das auditorías e a función de auditoría interna. Tamén ten como misión impulsar a aplicación do Código de Conduta e o Manual de Prevención de Riscos Penais, velando polo seu cumprimento e actuando como órgano de control. 

Así mesmo, durante o exercicio 2017, as súas funcións vense ampliadas ao exercer de supervisores do funcionamento e cumprimento do Modelo de Prevención de Delitos establecidos na Entidade, así como, da eficacia dos controis internos asociados. 

De forma voluntaria, asume as recomendacións existentes sobre o goberno corporativo, implantando maiores criterios de transparencia, xestión de riscos e de equilibrio entre a relación de auditoría e xestoría. O seu marco de actuación emana principalmente do Código Unificado de Bo Goberno, e do Marco para a Práctica Profesional da Auditoría Interna. A súa composición e funcionamento está establecido no Regulamento do Comité de Auditoría e Cumprimento. Actualmente todas as súas persoas integrantes pertencen á Xunta Directiva da entidade.