FAQs Delegación de Voto

Publicado o: 04/04/2022

Que requisitos debo cumprir para poder acceder ao aplicativo de delegación de voto?

Debes dispor dun Certificado Dixital de Representación de Persoa Xurídica da Empresa que teña validez (non estea nin revogado, nin caducado) e que sexa recoñecido como certificado por unha entidade acreditada de confianza (podes consultar se a túa entidade acreditada é de confianza a través desta ligazón ).

 

Se es unha empresa unipersoal, podes utilizar un Certificado cuxo NIF coincida co NIF da empresa asociada a Mutua Universal. 


Que debo facer se o meu Certificado aparece como caducado ou revogado?

Pode haber dous motivos para esta mensaxe:

  • A data e / ou a hora do teu equipo informático é incorrecta. Comproba este feito e modificao se cómpre.
  • Realmente o certificado está caducado ou revogado. Deberás contactar coa entidade emisora do teu Certificado ou co teu departamento de informática (podes verificar a validez do teu Certificado na solución web:VALIDE).

Ao intentar acceder co meu Certificado válido aparece un erro de validación como podo proceder?

Pode haber diversos motivos para esta mensaxe:​

  • A Empresa non cónstanos como asociada a Mutua Universal.​
  • Estás utilizando un Certificado Dixital de Persoa Física e non de Representante de Persoa Xurídica da empresa.

Tes outros problemas ou dúbidas co teu Certificado Dixital?

Podes consultar aquí para resolver outras dúbidas sobre o teu Certificado Dixital. 

En caso de incidencia técnica podes contactar co servizo de xestión de usuarios de Mutua Universal.