Ataque cardíaco

Publicado o: 12/12/2014
Ataque cardíaco

Que é?

O corazón é un músculo e como tal, para poder efectuar as contraccións, precisa unha achega de osíxeno de maneira continua. A devandita achega obtena das arterias coronarias, que envolven o corazón e divídense en ramas que penetran na parede deste órgano.

Se un obstáculo (trombo) obstrúe total ou parcialmente algunhas destas arterias o sangue non pode chegar e non recibe a achega de osíxeno necesaria. Cando ocorre isto falamos de ataque ao corazón e segundo se a obstrución é total ou parcial variarán os síntomas e as consecuencias.

Obstrución parcial (anxina de peito)

Dor intensa opresiva no centro do tórax que adoita irradiarse cara ao brazo esquerdo que aparece co esforzo, cando as células requiren máis osíxeno e non lles chega o suficiente, cede ao cesar o esforzo.

Obstrución total (infarto)

Aparece haxa ou non haxa esforzo. Ademais da dor no tórax, normalmente acompáñase doutros síntomas como sensación de afogo, palidez cutánea, sudación fría, náuseas ou vómitos, alteración dos signos vitais.

Actuación

  • Repouso absoluto, a persoa afectada non debe facer ningún esforzo, por mínimo que sexa, para non empeorar o cadro.
  • Control dos signos vitais, nestes casos é moi frecuente o paro cardiorrespiratorio.
  • En persoas que xa tiveron crises cardíacas anteriormente e teñen prescrito un fármaco específico, hai que administrarllo
  • Traslado urxente a un centro hospitalario.