Febre: que necesitas saber?
Ver o contido completo en Infermera Virtual
1. Que é a febre?

2. Cando teño febre?
- Subfebril ou febrícula: temperatura axilar entre 37,5 e 38 ºC.
- Febre moderada: temperatura axilar entre 38 e 39 ºC.
- Febre alta: temperatura axilar entre 39 e 40,5 ºC.
- Febre moi alta ou hiperpirexia: temperatura axilar superior a 40,5 ºC. É unha situación de compromiso vital que pode provocar grandes danos na persoa.
3. Como actuar con febre?

Medidas xerais
Durante a fase de calafríos:
- Limitar a actividade física e as fontes de estrés emocional.
- Manter a temperatura ambiental entre 21-22ºC.
- Non retirar a roupa e ofrecer mantas e roupa suplementaria.
- Hidratar con auga e zumes.
- Proporcionar unha dieta branda e rica en nutrientes.
Durante as fases de meseta e declinación
- Limitar a actividade física e as fontes de estrés emocional.
- Manter a temperatura ambiental entre 21-22 ºC.
- Evitar o exceso de abrigo sen provocar calafríos.
- Manter secas as pezas de roupa de vestir e a roupa de cama.
- Hidratar con auga e zumes.
- Proporcionar unha dieta branda e rica en nutrientes.
- Manter as mucosas da boca limpa e húmidas.
Médidas físicas
- Baños de auga morna: 2ºC por debaixo da temperatura corporal que teña a persoa.
- Rorar a pel con auga morna.
- Aplicar sobre a superficie cutáneas toallas ou compresas empapadas en auga morna.
- Aplicar fontes de aire (ventilador).
Medidas farmacolóxicas
Os fármacos que se empregan para tratar a febre denomínanse antitérmicos ou antipiréticos.
4. Situacións de alerta e especial atención (adultos en idade laboral):
- Temperatura máis elevada de 40 ºC.
- Febre que non desaparece coas medidas farmacolóxicas recomendadas despois de tres días de utilización.
- Cando hai enfermidades previas (enfermidades cardíacas, hepáticas, renais, procesos tumorais, enfermidades do sistema inmunitario, (por exemplo, VIH), enfermidades endócrinas (por exemplo, diabete), etc.
- Cando se fan tratamentos farmacolóxicos do tipo corticosteroides.
- Durante o embarazo ou en período de lactación
- Cando canda a febre aparecen outros síntomas como:
- Dor moi forte de cabeza.
- Vómitos continuos.
- Dificultade ao respirar.
- Rixidez de caluga.
- Sensibilidade non habitual á luz, desorientación ou cambios no seu comportamento habitual.
5. Recomendacións
Ventilar o cuarto:
- Cuarto ventilado e ambiente tranquilo e relaxado.
- Proporcionar espazos amplos ou ben que haxa un número reducido de persoas.
Manter unha boa hidratación e nutrición:
- Manter unha hidratación axeitada con auga e zumes para previr a deshidratación.
- Non deben empregarse estimulantes como o café, o té ou a cola, xa que estes son diuréticos e poden favorecer á deshidratación.
- Manter unha nutrición equilibrada con alimentos enerxéticos de alto contido vitamínico e proteico (por exemplo, iogur, ovo, batidos de froita, etc.), en inxestas pequenas e frecuentes.
- Manter hidratada e limpa a mucosa oral para manter a hixiene bucal: cepillo dental, dentífrico, colutorios e auga.
Favorecer os cambios de posición:
- Diminuír a actividade física e favorecer os períodos de descanso.
- Utilizar roupa cómoda e lixeira para favorecer o movemento e diminuír a sudoración.
- Se a persoa está postrada en cama, favorecer os cambios de postura
- Intentar repousar e durmir o máximo posible
- Aumentar o confort da persoa coas seguintes actuacións segundo as medidas xerais, físicas e farmacolóxicas indicadas.
Priorizar as actividades do día a día:
- Comprender a importancia do repouso para tratar a febre.
- Recoñecer que a febre é unha situación pasaxeira na maioría dos casos.
- Intentar diminuír a ansiedade que por veces xera o absentismo laboral ou o feito de non poder realizar as actividades cotiás.
- Aproveitar os momentos sen febre e maior confort para realizar aquelas actividades que a situación permita e produzan satisfacción.
6. Aclaracións:

- A febre non é unha enfermidade en se mesma; é un síntoma de defensa do organismo ante certos axentes externos.
- Débese evitar a aplicación de xeo sobre a pel, os baños con auga fría e as friccións con colonia ou alcohol.
- Non deben tomarse antibióticos sen prescrición médica.
- A febre non tratada non segue subindo de maneira incontrolada. Con tratamento, a temperatura non baixa ata os límites normais, senón que os antitérmicos logran unha redución de temperatura de entre 1 ºC e 1,5 ºC.
- A desaparición da febre tras a administración dun antitérmico non indica a desaparición da causa.
- A presenza de febre alta non indica necesariamente que a causa sexa grave.