Prestación por incapacidade temporal

A lexislación determina que un accidente de traballo é toda lesión corporal que a persoa traballadora sufra con ocasión ou por consecuencia do traballo.
Que situación protexe esta prestación?
Polo tanto, para que un accidente teña esta consideración é necesario:
- Que a persoa traballadora sufra unha lesión corporal. Entendendo por lesión todo dano ou detrimento corporal causado por unha ferida, golpe ou enfermidade. Asimílanse á lesión corporal as secuelas ou enfermidades psíquicas ou psicolóxicas.
- Que o accidente sexa con ocasión ou por consecuencia do traballo, é dicir, que exista unha relación de causalidade directa entre traballo-lesión. A lesión non constitúe, por si soa, accidente de traballo.
- Que a persoa traballadora sexa por conta allea ou autónoma por conta propia.
Natureza da prestación económica
A persoa traballadora que sufra un accidente de traballo ou enfermidade profesional que orixine un proceso de incapacidade temporal terá dereito ao cobramento dunha contía diaria equivalente ao 75 %da súa base reguladora desde o día seguinte ao de baíxaa.
A duración máxima desta prestación é de 365 días, podendose prorrogar outros 180 días máis cando se prevexa a curación da persoa traballadora neste período.
Queres tramitar esta prestación?