Escola de Lombo

Publicado o: 01/06/2017

A Escola de Lombo de Mutua Universal está dirixida a persoas que sufrisen un episodio de dor de lombo e necesiten aprender técnicas que lles axuden a finalizar o proceso de rehabilitación ou a previr futuros episodios.

Sabías que?

Máis do 85 %das persoas sofren de molestias ou lesións no seu lombo algunha vez na súa vida. A miúdo relaciónanse estas doenzas con sobrecargas físicas, pero non son a única causa. O sedentarismo, as malas posturas, os aspectos psicosociais ou a constitución física son algunhas das moitas outras causas que poden xerar ou agravar unha doenza de lombo, tanto no traballo como na vida familiar.


Por que unha Escola de Lombo?

Por que unha Escola de Lombo?

Moitas veces, accións tan sinxelas de aprender como manter unha postura correcta, preparar a musculatura antes de facera traballar e potenciar os grupos musculares axeitados, poden conseguir evitar lesións e episodios dolorosos ou mellorar a rehabilitación.

Na Escola de Lombo de Mutua Universal, o paciente que sufriu unha patoloxía vertebral dolorosa encontra o complemento ao seu proceso de rehabilitación e aprendre como reducir a aparición de futuros episodios


Como funciona a Escola de Lombo?

As clases son impartidas por fisioterapeutas con formación específica en pilates terapéutico

Os nosos profesionais especialistas en rehabilitación e fisioterapia recomendan a asistencia á Escola ás persoas que, tras sufrir un episodio de baixa laboral, necesitan aprender técnicas que lles axuden a finalizar o proceso de rehabilitación ou a previr futuros episodios, e estas poden inscribirse nela de maneira voluntaria.

As clases son impartidas a grupos reducidos, por fisioterapeutas con formación baseada en pilates terapéutico, a técnica máis actual e eficiente na prevención de doenzas do lombo.


Programa

O programa impártese nos nosos centros de Madrid (C/ Santa Cruz de Marcenado), Barcelona (C/ Rosellón), Valencia e Logroño.

Realízanse clases semanais de 45 minutos de duración, que constan dunha parte teórica e outra práctica, en que se ensinarán os seguintes conceptos:

  • Repaso anatómico, biomecánico e fisiopatológico da columna vertebral, para axudar a comprender mellor como funciona o noso
    lombo.
  • Identificar os riscos ergonómicos aos que está exposto o traballador no seu medio laboral e tempo libre.
  • As diferentes pautas de hixiene postural para diminuír os riscos identificados.
  • Exercicios de quentamento, estiramento e potenciación muscular.
  • Hábitos saudables para a promoción da saúde global do lombo: alimentación saudable, exercicio físico regular, técnicas de relaxación
    para control do estrés, tempo de descanso axeitado, evitar o tabaco,…

A Escola de Lombo en liña

Ao finalizar as clases, os pacientes aprenderon a realizar cada exercicio e poden continuar facendoos na súa casa, de forma habitual, axudandose coa guía de exercicios en liña de Mutua Universal. A continuación pomos a disposición os vídeos de todos os exercicios, con audio-descrición para mellorar a súa comprensión. Deste xeito, cada paciente pode participar activamente na mellora da súa saúde.

IMPORTANTE: Estes exercicios forman parte do programa "Escola de Lombo" de Mutua Universal. Non se recomenda realizaros sen recibir formación previa e presencial dos equipos de fisioterapia de Mutua Universal.

Publicado o: 06/06/2017

Exercicios básicos Escola de Lombo

Publicado o: 06/06/2017

Exercicios avanzados Escola de Lombo