O valor da ergonomía
A prevención dos trastornos músculo-esqueléticos está ligada directamente cun correcto deseño do espazo e o posto de traballo, o emprego de ferramentas de calidade e técnicas de traballo optimizadas, un adecuado mantemento de espazos e utensilios e unha boa organización do traballo.
O obxectivo dun bo deseño é crear actividades que permitan aos traballadores e traballadoras efectuaren o seu labor cunha elevada produtividade e calidade, desenvolveren as súas capacidades e gozaren dun alto grao de benestar (UNE EN 614-2).
Sabías que?
- O custo de cambiar os equipos e as instalacións para adaptalos ergonomicamente é máis de mil veces superior ao custo en fase de deseño.
- A maioría das melloras ergonómicas amortízanse antes de seis meses.
- A selección de ferramentas apropiadas pode facer que os trastornos músculo-esqueléticos se reduzan case ata nun 100 %.