O valor da ergonomía

Publicado o: 13/08/2020

A prevención dos trastornos músculo-esqueléticos está ligada directamente cun correcto deseño do espazo e o posto de traballo, o emprego de ferramentas de calidade e técnicas de traballo optimizadas, un adecuado mantemento de espazos e utensilios e unha boa organización do traballo.

O obxectivo dun bo deseño é crear actividades que permitan aos traballadores e traballadoras efectuaren o seu labor cunha elevada produtividade e calidade, desenvolveren as súas capacidades e gozaren dun alto grao de benestar (UNE EN 614-2).

Sabías que?

  • O custo de cambiar os equipos e as instalacións para adaptalos ergonomicamente é máis de mil veces superior ao custo en fase de deseño.
  • A maioría das melloras ergonómicas amortízanse antes de seis meses.
  • A selección de ferramentas apropiadas pode facer que os trastornos músculo-esqueléticos se reduzan case ata nun 100 %.

Precisas axuda para deseñar ou redeseñar a túa instalación?
Deseño ergonómico do posto de traballo. Os 10 principios.

Publicado o: 13/08/2020
  1. Coñecer o produto, as tarefas e os medios.
  2. Coñecer o traballador.
  3. Definir a postura xeral de traballo.
  4. Seleccionar a altura de traballo.
  5. Establecer as zonas de alcance manual.
  6. Determinar as zonas de visión.
  7. Facilitar posturas neutras.
  8. Alixeirar a manipulación de cargas.
  9. Reducir o esforzo.
  10. Atenuar as tarefas repetitivas.

Contacta coa túa persoa interlocutora en prevención máis próxima