Prevención de virus invernal na empresa
As medidas que as empresas deben aplicar para previr a propagación do COVID-19 son tamén efectivas para previr o virus invernal.
Promoción da vacinación da gripe
A vacinación é a medida máis eficaz contra a gripe. A pesar dos falsos mitos, continúa a ser unha medida que a administración sanitaria se encarga de actualizar e promover anualmente.
É recomendable para traballadores e traballadoras, especialmente para aquelas empresas cunha actividade con maior exposición como as sanitarias, a educación ou aquelas con trato habitual con público, contacto con animais, etc.
A empresa, mediante o seu servizo de prevención, debe promover a vacinación a través de campañas de sensibilización.
Segundo recomenda o Ministerio de Sanidade, “no contexto da pandemia de COVID-19, é aínda máis importante aumentar as coberturas de vacinación fronte á gripe nas persoas en que a vacinación está recomendada.”
Que traballadores se deben vacinar

Prevención do contaxio por contacto
As mans juegan un papel moi importante como vehículo transmisor de microorganismos. Segundo algúns estudos ata un 80% dos xermes son transmitidos polas mans.
As persoas infectadas polo virus da gripe poden contaxiar outras persoas un día antes de que se presenten os síntomas e ata 5 ou 7 días despois de enfermaren. Isto significa que podemos transmitir a gripe antes de sabermos que estamos doentes.
Os virus teñen unha gran capacidade para sobreviviren en medios externos ás persoas. O virus da gripe sobrevive entre 8 e 12 horas na roupa ou en panos de papel e entre 24 e 48 horas en superficies como agarradoiras ou picaportes de portas ou un teléfono. Mentres que os rotavirus, virus causantes de gastroenterite, poden chegar a durar ata 60 días en superficies inertes.
- En tempada gripal débense promover medidas que minimicen o contacto próximo e prolongado entre os empregados: realizar reunións telemáticas ou de menor duración, utilizar as novas tecnoloxías nos grupos de traballo, evitar saúdos persoais ou próximos, etc.
- Planificar e garantir unha limpeza frecuente das superficies e obxectos de uso frecuente por parte do persoal, como botoneras de ascensores, portas, superficies de mostradores ou mesas de traballo. A frecuencia débese incrementar en tempadas gripais. En centros de traballo como colexios, gardarías ou sanitarios esta medida debe ser prioritaria.
- Promover o lavado das mans. É unha práctica que debemos realizar con frecuencia e de forma axeitada para evitar contaminar todo o que tocamos. As enquisas e estudos mostran que lavamos pouco as mans e que o facemos mal. Debemos aumentar a frecuencia do lavado e facelo de forma adecuada. Nos centros de traballo é un medio propicio para a sensibilización e promoción do correcto lavado de mans.
- Dispor e ofrecer ás persoas traballadoras os medios materiais axeitados para o lavado de mans como toallas de papel, xabón de mans, papeleiras, etc.
Prevención da vía aérea
O aire é a principal vía de propagación dos virus. Cun espirro o virus poden acadar case 2 metros e contaxiar a compañeiros e compañeiras e superficies do medio como teclados, mesas, teléfonos, etc.
- Garantir a renovación e ventilación do aire nos espazos de traballo. Os sistemas de climatización deben proporcionar unha humidade e unha temperatura adecuadas do ambiente interior.
- En tempada gripal débense promover medidas que minimicen o contacto próximo e prolongado entre o persoal: realizar reunións telemáticas ou de menor duración, utilizar as novas tecnoloxías nos grupos de traballo, evitar saúdos persoais ou próximos, etc.
- Promover protocolos para a hixiene respiratoria e manexo da tose: como espirrar e tusir de forma hixiénica.
- Dispor e ofrecer a traballadores e traballadoras os medios materiais axeitados para o protocolo de hixiene respiratoria: xabón, panos dun só uso, papeleiras, etc.