Prevención de virus invernal na empresa

Publicado o: 28/01/2020

As medidas que as empresas deben aplicar para previr a propagación do COVID-19 son tamén efectivas para previr o virus invernal.

Promoción da vacinación da gripe

A vacinación é a medida máis eficaz contra a gripe. A pesar dos falsos mitos, continúa a ser unha medida que a administración sanitaria se encarga de actualizar e promover anualmente.

É recomendable para traballadores e traballadoras, especialmente para aquelas empresas cunha actividade con maior exposición como as sanitarias, a educación ou aquelas con trato habitual con público, contacto con animais, etc.

A empresa, mediante o seu servizo de prevención, debe promover a vacinación a través de campañas de sensibilización. 

Segundo recomenda o Ministerio de Sanidade, “no contexto da pandemia de COVID-19, é aínda máis importante aumentar as coberturas de vacinación fronte á gripe nas persoas en que a vacinación está recomendada.”

Que traballadores se deben vacinar

Coñece quen debe vacinarse contra a gripe segundo indicacións do Ministerio de Sanidade

Prevención do contaxio por contacto

As mans juegan un papel moi importante como vehículo transmisor de microorganismos. Segundo algúns estudos ata un 80% dos xermes son transmitidos polas mans.

As persoas infectadas polo virus da gripe poden contaxiar outras persoas un día antes de que se presenten os síntomas e ata 5 ou 7 días despois de enfermaren. Isto significa que podemos transmitir a gripe antes de sabermos que estamos doentes.

Os virus teñen unha gran capacidade para sobreviviren en medios externos ás persoas. O virus da gripe sobrevive entre 8 e 12 horas na roupa ou en panos de papel e entre 24 e 48 horas en superficies como agarradoiras ou picaportes de portas ou un teléfono. Mentres que os rotavirus, virus causantes de gastroenterite, poden chegar a durar ata 60 días en superficies inertes.

  • En tempada gripal débense promover medidas que minimicen o contacto próximo e prolongado entre os empregados: realizar reunións telemáticas ou de menor duración, utilizar as novas tecnoloxías nos grupos de traballo, evitar saúdos persoais ou próximos, etc.
  • Planificar e garantir unha limpeza frecuente das superficies e obxectos de uso habitual por parte do persoal, como paneis de pulsadores de ascensores, portas, superficies de mostradores ou mesas de traballo. A frecuencia débese incrementar en tempadas gripais. En centros de traballo como colexios, gardarías ou sanitarios esta medida debe ser prioritaria.
  • Promover o lavado das mans. É unha práctica que debemos realizar con frecuencia e de forma axeitada para evitar contaminar todo o que tocamos. As enquisas e estudos mostran que lavamos pouco as mans e que o facemos mal. Debemos aumentar a frecuencia do lavado e facelo de forma adecuada. Os centros de traballo son un ámbito propicio para a sensibilización e promoción do correcto lavado das mans.
  • Dispor e ofrecer ás persoas traballadoras os medios materiais apropiados para o lavado das mans como toallas de papel, xabón de mans, papeleiras, etc.

Prevención da vía aérea

O aire é a principal vía de propagación dos virus. Cun espirro o virus poden acadar case 2 metros e contaxiar a compañeiros e compañeiras e superficies do medio como teclados, mesas, teléfonos, etc. 

  • Garantir a renovación e ventilación do aire nos espazos de traballo. Os sistemas de climatización deben proporcionar unha humidade e unha temperatura adecuadas do ambiente interior.
  • En tempada gripal débense promover medidas que minimicen o contacto próximo e prolongado entre o persoal: realizar reunións telemáticas ou de menor duración, utilizar as novas tecnoloxías nos grupos de traballo, evitar saúdos persoais ou próximos, etc.
  • Promover protocolos para a hixiene respiratoria e manexo da tose: como espirrar e tusir de forma hixiénica.
  • Dispor e ofrecer a traballadores e traballadoras os medios materiais axeitados para o protocolo de hixiene respiratoria: xabón, panos dun só uso, papeleiras, etc.