Preguntas e respostas sobre o novo coronavirus (SARS-CoV-2)

Publicado o: 28/01/2020

Que son os coronavirus?

Os coronavirus son unha extensa familia de virus que normalmente afectan os animais. No entanto, algúns son virus zoonóticos, o que significa que teñen a capacidade de se transmitiren dos animais ás persoas.


Que producen os coronavirus nas persoas?

Os coronavirus producen cadros clínicos que van desde o arrefriado común ata enfermidades máis graves, como acontece co coronavirus que causou a síndrome respiratoria aguda grave (SRAS-CoV) e o coronavirus causante da síndrome respiratoria do Oriente Medio (MERS-CoV).


Os animais transmiten o novo coronavirus SARS-CoV-2 ao ser humano?

A fonte de infección está baixa investigación. Existe a posibilidade de que a fonte inicial poida ser algún animal, tendo en conta que os primeiros casos detectáronse en persoas que traballaban nun mercado onde había presenza de animais.


Cales son os síntomas do COVID-19?

Cos datos que se teñen hoxe en día, os síntomas máis comúns son: tose, dor de gorxa, febre e sensación de falta de aire.

Nos casos máis graves, a infección pode causar pneumonía, dificultade importante para respirar, fallo renal e incluso a morte. Os casos máis graves, xeralmente ocorren en persoas anciás ou que padecen algunha outra enfermidade.


Como transmítese a infección?

Por analoxía con outras infeccións causadas por virus similar, a transmisión sería a través do contacto con animais infectados ou por contacto directo coas segregacións respiratorias que se xeran coa tose ou o espirro dunha persoa doente, coas mucosas doutra persoa (nariz, boca ollos).

Parece pouco probable a transmisión polo aire a distancias maiores dun ou dous metros.


Cal é o período de incubación do virus?

Segundo os datos preliminares do brote, as autoridades chinesas calcularon que o período de incubación de SARS-CoV-2 é de 2 a 12 días, cun termo medio de 7 días. Por analoxía con outros coronavirus estímase que este período podería ser de ata 14 días.


Existe un tratamento para o COVID-19?

Non existe un tratamento específico para o novo coronavirus. Si existen moitos tratamentos para o control dos seus síntomas polo que a asistencia sanitaria mellora o prognóstico.


Que podo facer para protexerme?

Aconséllase á poboación e ao persoal sanitario seguir as medidas xenéricas de protección individual para reducir o risco xeral de transmisión de infeccións respiratorias agudas: 

  • Realizar unha hixiene de mans frecuente (lavado con auga e xabón ou solucións alcohólicas), especialmente despois de contacto directo con persoas doentes ou o seu medio.
  • Evitar o contacto estreito con persoas que mostren signos de afección respiratoria, como tose ou espirros.
  • Manter unha distancia dun metro aproximadamente coas persoas con síntomas de infección respiratoria aguda.
  • Cubrirse a boca e o nariz con panos desbotables ou cunha tea ao tusir ou espirrar e lavarse as mans.
  • Estas medidas, ademais, protexen fronte a enfermidades frecuentes como a gripe.
  • Polo momento non existe vacina que poida protexer as persoas.

Que teño que facer se viaxei a Wuhan ou China e encóntrome mal?

Se nas dúas semanas posteriores ao regreso dunha viaxe á cidade de Wuhan preséntanse síntomas respiratorios debes comunicaro aos servizos sanitarios.


Que é unha Emerxencia de Saúde Pública de Importancia Internacional?

O Regulamento Sanitario Internacional (2005), ou RSI (2005) establece a figura da Emerxencia de Saúde Pública de Importancia Internacional (ESPII), ante eventos extraordinarios que se determine que constitúen un risco para a saúde pública doutros Estados a causa da propagación internacional dunha enfermidade, e poderían esixir unha resposta internacional coordinada.

O xoves día 30 de xaneiro celebrouse a segunda reunión do Comité de Emerxencias do RSI (2005) en relación ao brote por novo coronavirus 2019 (SARS-CoV-2) na República Popular da China. Como resultado das deliberacións, o director xeral da Organización Mundial da Saúde declarou que o devandito brote constitúe unha ESPII.

 

Fuentes: Organización Mundial da Saúde e Ministerio de Sanidade do Goberno de España.