Real decreto-lei 6/2020
Polo que se adoptan determinadas medidas urxentes no ámbito económico e para a protección da saúde pública

Publicado o: 16/03/2020

O 10 de marzo de 2020 publicouse no Boletín Oficial do Estado o Real decreto-lei 6/2020 polo que se adoptan determinadas medidas urxentes no ámbito económico e para a protección da saúde pública. Este Real decreto-lei introduce unha serie de medidas urxentes e excepcionais para facer fronte á emerxencia de saúde pública en relación ao COVID-19 para garantir a protección social dos traballadores que causen baixa por illamento e enfermidade por COVID-19, así como para garantir o abastecemento do material necesario no noso sistema nacional de saúde.

Así mesmo, introduce unha seria de medidas económicas de carácter urxente e excepcional en materia económica e financeira para colectivos vulnerables.

  • O Real decreto-lei 6/2020 considera de maneira excepcional como situación asimilada ao Accidente de Traballo os períodos de illamento ou contaxio das persoas traballadoras como consecuencia do Covid-19. Isto significa que a continxencia é común pero que se percibirá a incapacidade temporal desde o primeiro día de baixa laboral, por estar asimilada esta prestación ao accidente de traballo.
  • Baíxaa e a alta corresponden ao Servizo Público de Saúde. 
  • En ningún caso cómpre acudir ao centro asistencial de Mutua Universal, tendo en conta que nestes casos non cómpre tramitar o parte de accidente por Delta.

Descargar o Real decreto-lei 6/2020