Sudoku Buenos Hábitos
Aplicación para dispositivos móbiles destinada a ensinar os hábitos saudables e a motivar a súa aplicación a través da ludificación.
Que encontrarás no Sudoku dos hábitos saudables?

- Identificación: Usuario
- Guía usuario
- Explicación hábitos saudables
- Tres niveis de dificultade
- Taboleiro de xogo
- Axudas e recomendacións
Funcionalidade

- Cando o usuario accede, o aplicativo ofrécelle a personalización do seu perfil (esta versión posibilita a creación dun único perfil).
- Antes de comezar aparecen as instrucións do xogo e os distintos comandos de aplicación.
- Existen tres niveis de dificultade con distintos sudokus por nivel, que se desbloquean a medida que se alcanza o nivel anterior.
- O xogo permite a opción de pistas: cando nos pomos enriba dunha casa baleira dános unha pista para escoller a icona correcta e unha recomendación sobre o hábito saudable que representa a icona.
- Taboleiro de xogo: consta das casas para encher e as iconas de hábitos saudables para seleccionar e colocar nas casas pertinentes, seguindo as mesmas regras que un sudoku numérico.