Traballadores especialmente sensibles ao CEM

Publicado o: 25/02/2019

A avaliación de riscos debe considerar de maneira específica ao persoal especialmente sensible, que require dunha maior protección fronte aos campos electromagnéticos debido ás posibles interferencias ou efectos concretos: 

  • Persoal con dispositivos médicos implantados activos (marcapasos, implantes cocleares, neuroestimuladores...)
  • Persoal con dispositivos médicos implantados pasivos (placas, parafusos, grampas...)
  • Persoal que leve no seu corpo dispositivos médicos (bombas de insulina...)
  • Traballadoras embarazadas

A miúdo o resultado desta avaliación coincidirá coas instrucións que o equipo médico responsable do implante facilitase ao traballador.

Cando exista unha zona na que estes traballadores non deban acceder, o empresario deber restrinxir o acceso ao mesmo e sinalizaro de maneira visible.