Lexislación sobre amianto
Real decreto 396/2006, do 31 de marzo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicable aos traballos con risco de exposición ao amianto .
É a normativa básica de aplicación en España para a protección da saúde das persoas traballadoras fronte a exposición ao amianto durante o traballo. A Guía técnica do INSST proporciona criterios e recomendacións para facilitar a aplicación deste RD
Este RD está pendente de ser modificado pola Directiva (UE) 2023/2668, que debía ser adoptada antes do 21 de decembro de 2025. Esta modificación dá prioridade á retirada do amianto fronte a outras formas de manipulación do amianto e entre outras novidades, rebaixa á décima parte o valor límite, pasa de 0,1 fibras/cm3 a 0,01 fibras/cm3 termo medio ás 8 horas.
A Comisión Europea elaborou unhas "Directrices para a xestión dos riscos para a saúde e a seguridade relacionada co amianto no traballo " para facilitar a aplicación da devandita Directiva. Estas directrices ofrecen unha recompilación de boas prácticas na xestión dos MCA encamiñadas a axudar as empresas sobre como dar prioridade á retirada do amianto fronte a outras formas de manipulación á hora de avaliar o risco de exposición. Tamén achegan solucións específicas por sectores.
Aos traballos con amianto tamén lles son de aplicación:
- O RD 665/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos durante o traballo
- O RD 374/2001, do 6 de abril, sobre a protección da saúde e seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados cos axentes químicos durante o traballo
- O RD 171/2004 sobre as obrigas de coordinación de actividades empresariais
- A Lei 22/2011 sobre eliminación de residuos perigosos
A Lei 7/2022 establece a obriga aos concellos de elaborar un censo das instalacións e edificios do seu municipio (privados e públicos) con MCA canda un calendario para planificar a súa retirada. En 2028 deben estar xestionadas as instalacións públicas con maior risco.
