Xestión de Incidencias e Cambios: Novas instalacións ou modificación das existentes
Cando teñas que ampliar ou modificar as túas instalacións, debes cumprir a normativa de PRL e regulamentaria nestes traballos.

Temas: Prevención de riscos laborais | Etiquetas: Avaliación, Medida preventiva, Normativa, Planificación, Prevención, Riscos
Xestión de Incidencias e Cambios: Novas instalacións ou modificación das existentes

Debes revisar a execución da obra de ampliación ou modificación da túa empresa durante o deseño da nova instalación, durante as obras e antes do seu uso, para garantir que se cumpre a normativa de PRL e regulamentaria que aplique.

A empresa debe prever que as novas instalacións cumpran a normativa e que, durante a ampliación ou modificación das mesmas, a empresa ou empresas executoras cumpran as medidas preventivas, usando a ferramenta de coordinación de actividades preventivas. Ademais, unha vez realizada a obra, antes de usar as instalacións debe asegurarse de que se cumpre a normativa e actualizar a Avaliación de Riscos e a Planificación da Actividade Preventiva da empresa.