Participación e consulta as persoas traballadoras
Escoitar a opinión das persoas traballadoras sobre aqueles aspectos que afectan á súa seguridade e saúde é unha obriga legal do empresario.

Como persoa empresaria debes promover a participación das persoas traballadoras en forma de propostas. A consulta debe realizarse sempre que se vaia a tomar unha decisión relacionada coa organización e xestión da prevención de riscos laborais.
As consultas realízanse a través da representación das persoas traballadoras ou, na súa ausencia, a todas as persoas traballadoras potencialmente afectadas. É importante que se realicen con antelación suficiente e estean ben organizado