Revisión da Prestación extraordinaria por cesamento de actividade dos traballadores autónomos (POECATA1)

Publicado o: 20/03/2024

Establecidas no artigo 9 do Real decreto - lei 24/2020, do 26 de xuño, de medidas sociais de reactivación do emprego e protección do traballo autónomo e de competitividade do sector industrial.

Os aspectos que hai que revisar da prestación POECATA 1 (artigo 9 do Real decreto 24/2020) son os seguintes:

  1. Estar percibindo ata o 30 de xuño a prestación extraordinaria por cesamento de actividade prevista no artigo 17 do RD-lei 8/2020 (art. 9.1).
  2. Estar afiliados e en alta no RETA a 01.07.2020, así como manterse de alta (art. 9.1 e 330.1.a TRLGSS) durante todo o percibo da prestación.
  3. Ter cuberto o período mínimo de cotización por cesamento de actividade a que se refire o artigo 338 do TRLGSS (art. 9.1 e 330.1.b TRLGSS).
  4. Non cumprir a idade ordinaria para causar dereito á pensión contributiva de xubilación, non sendo que o traballador non tivese acreditado o período de cotización requirido para iso (art. 9.1 e 330.1.d TRLGSS).
  5. Cumprimento das obrigas laborais e de Seguridade Social con respecto a traballadores ao seu cargo (art. 9.1).
  6. Incompatibilidade co traballo por conta allea (art. 342.1 TRGSS).
  7. Incompatibilidade con pensións ou prestacións da Seguridade Social, non sendo que estas fosen compatibles co traballo que deu lugar á prestación por cesamento de actividade (art. 342.1 TRLGSS).
  8. Acharse ao corrente no pagamento das cotas á Seguridade Social (art. 9.1).
  9. Acreditar unha redución na facturación durante o terceiro trimestre do ano 2020 de polo menos o 75% en relación co mesmo período do ano 2019 (art. 9.1).
  10. Non obter durante o terceiro trimestre de 2020 uns rendementos netos superiores a 5.818,75 euros.
  11. A base reguladora da prestación como termo medio das bases polas que se cotizar durante os 12 meses continuados e inmediatamente anteriores á situación legal do cesamento (art. 339.2 e 3 TRLGSS).
  12. O importe das cotizacións por continxencias comúns, abonado ao traballador canda a prestación económica, que lle correspondese ingresar de encontrarse o traballador autónomo sen desenvolver actividade algunha.

Todas as comunicacións que se fagan remitiranse ao correo electrónico que se indicou no seu momento no propio formulario de solicitude da prestación, xa sexa por correo electrónico (resolucións favorables) ou a través de notificación electrónica (trámites de audiencia e posteriores resolucións de emenda de diferenzas ou denegación da prestación).

As prestacións percibíronse durante o 1 de xullo de 2020 ao 30 de setembro de 2020. Se se solicitaba entre os 15 primeiros días de xullo, senón a prestación se iniciaba o día seguinte á solicitude.

No suposto de que a persoa autónoma reciba notificación de emenda da documentación, deberá entrar na ligazón que se anexa na carta e enviar a documentación pertinente para emendar. No caso de que non se poida acceder á ligazón, anexámola a continuación:


Na notificación que se recibiu, na parte superior do documento está o ID de emenda, co que se poderá acceder ao trámite web, xunto co número de documento de identidade.

No mesmo documento, detállase o motivo polo cal a súa prestación foi revisada e se detectou unha serie de incidencias que poderían afectar ao cumprimento dos requisitos legalmente establecidos ou aos importes aboados. A notificación recibida informa da apertura do trámite de audiencia, para o cal se dispón dun prazo de 15 días hábiles para presentar a documentación indicada en cada apartado e poder formular as alegacións e xustificacións que se consideren oportunas (lémbrase que non se teñen en conta os sábados, domingos e festivos para o cómputo de días).

No caso de que se queira renunciar a este trámite de audiencia, ou se no prazo de 15 días hábiles non se presentou a documentación ou se formularon alegacións, emitirase a resolución definitiva, ditando acordo denegatorio ou de concesión definitiva, pero con importes indebidos da prestación, reclamando os importes que percibiron no seu momento.

 Se se necesita saber máis información sobre a documentación que é preciso achegar para emendar a incidencia, no documento da notificación que se recibiu por correo electrónico figura a persoa xestora que o poderá axudar en todo momento.