Revisión da prestación extraordinaria de cesamento de actividade para aqueles que non poidan causar dereito á prestación ordinaria prevista no art. 7 ou á prestación de cesamento de actividade ordinaria
Artigo 6 RD-lei 02/2021 (PECANE redución 2.2)
Establecida no artigo 6 do Real decreto-lei 2/2021, do 26 de xaneiro, de reforzo e consolidación de medidas sociais en defensa do emprego. Percibiuse do 1 de febreiro ao 31 de maio de 2021, en función da data de solicitude. Se se solicitou dentro dos primeiros 21 días de febreiro, desde o día 1 e en fóra deste prazo, desde o primeiro día do mes seguinte ao da presentación da solicitude.
- Estar dado de alta e ao corrente no pagamento das cotizacións no Réxime Especial de Traballadores Autónomos ou no Réxime Especial de Traballadores do Mar como traballador por conta propia desde antes do 1 de abril de 2020. Non obstante, se na data da presentación da solicitude non se cumprise o requisito de estar ao corrente no pagamento, o traballador autónomo ten un prazo de trinta días naturais para facer o pagamento.
- Os socios traballadores das cooperativas de traballo asociado que optasen polo seu encadramento como traballadores por conta propia no réxime especial que corresponda terán dereito igualmente a esta prestación extraordinaria nos termos establecidos, sempre que reúnen os requisitos deste apartado
- Durante o tempo de percepción da prestación manterase a alta no réxime especial correspondente quedando o traballador autónomo exonerado da obriga de cotizar.
- Non ter rendementos netos computables fiscalmente procedentes da actividade por conta propia no primeiro semestre de 2021 superiores a 6.650 euros.
- Acreditar no primeiro semestre do 2021 uns ingresos computables fiscalmente da actividade por conta propia inferiores a habídosos no primeiro trimestre de 2020.
Para o cálculo da redución de ingresos tera en contase o período en alta no primeiro trimestre do ano 2020 e compararase coa parte proporcional dos ingresos habidos no primeiro semestre de 2021 na mesma proporción.
Os traballadores autónomos que percibiron esta prestación e non estivesen cotizando por cesamento de actividade virán obrigados a cotizar por este concepto a partir do mes seguinte en que finalice a percepción da prestación.
A contía da prestación era do 50 %da base mínima de cotización que corresponda pola actividade desenvolvida. Non obstante, cando convivan nun mesmo domicilio persoas unidas por vínculo familiar ou unidade análoga de convivencia ata o primeiro grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade, e dous ou máis membros teñan dereito a esta prestación extraordinaria de cesamento de actividade, a contía de cada unha das prestacións era do 40 %.
A documentación acreditativa que deberán achegar será a seguinte:
- Certificado de empadroamento histórico de convivencia ou calquera proba admitida en dereito que acredite as persoas que integraban a unidade familiar ou de convivencia a data de inicio da prestación.
- Declaración xurada de non percibir esta prestación ningún outro integrante da unidade familiar durante o percibo da prestación. En caso de non acreditar convivencia se lle reclamará o 10% abonado.
Todas as comunicacións que se fagan remitiranse ao enderezo electrónico que se indicou no seu momento no propio formulario de solicitude da prestación, xa sexa por correo electrónico (resolucións favorables) ou a través de notificación electrónica (trámites de audiencia e posteriores resolucións de emenda de diferenzas ou denegación da prestación).
Na notificación que se recibirá, na parte superior do documento encóntrase o IDE de emenda, co que se poderá acceder ao trámite web, canda o número de documento de identidade.
No mesmo documento, detállase o motivo polo cal a súa prestación foi revisada e se detectou unha serie de incidencias que poderían afectar ao cumprimento dos requisitos legalmente establecidos ou aos importes aboados. A notificación recibida informa da apertura do trámite de audiencia, para o cal se dispón dun prazo de 15 días hábiles para presentar a documentación indicada en cada apartado e poder formular as alegacións e xustificacións que se consideren oportunas (lémbrase que non se teñen en conta os sábados, domingos e festivos para o cómputo de días).
No caso de que se queira renunciar a este trámite de audiencia, ou se no prazo de 15 días hábiles non se presentou a documentación ou se formularon alegacións, emitirase a resolución definitiva, ditando acordo denegatorio ou de concesión definitiva, pero con importes indebidos da prestación, reclamando os importes que percibiron no seu momento.
Se se necesita saber máis información sobre a documentación que é preciso achegar para emendar a incidencia, no documento da notificación que se recibiu por correo electrónico figura a persoa xestora que o poderá axudar en todo momento.
RD-lei 02/2021. Artigo 6.