en que situacion estas
En que situación estás?
Se percibiches a prestación extraordinaria por cesamento de actividade durante o estado de alarma ata o 30 de xuño de 2020.
- Se segues de alta no Réxime Especial, podes optar pola prestación ordinaria por cesamento de actividade (Artigo 9 RDL 24/2020), compatibilizandoa coa continuación da túa actividade por conta propia ou beneficiarche a partir do 1 de xullo de exoneracións na túa cotización. Revisa requisitos e contraprestacións.
- Se causaches baixa no Réxime Especial e a túa actividade por conta propia cesou temporal ou definitivamente, podes solicitar a prestación ordinaria por cesamento de actividade (Título V do RD Lexislativo 8/2015).
Non percibiches a prestación extraordinaria por cesamento de actividade durante o estado de alarma ata o 30 de xuño de 2020.
- Se segues de alta no Réxime Especial, ata o 31 de xullo podes solicitar a prestación extraordinaria para traballadores autónomos afectados pola crise ocasionada polo COVID-19S
- Se realizas unha actividade por conta propia de tempada, podes solicitar a prestación extraordinaria de cesamento de actividade para os traballadores autónomos de tempada (Artigo 10 RDL 24/2020).