Que facemos para fomentar a Saúde Ambiental?

Publicado o: 28/12/2015

En Mutua Universal fomentamos políticas, accións e proxectos para promover o comportamento responsable co Medio Natural e a sostibilidade. Todo iso a través da sensibilización, o impulso de iniciativas que reducen os residuos e un Sistema de Xestión certificada.

Eficiencia

En Mutua Universal promovemos un comportamento responsable e respectuoso co Medio Natural a través de campañas de sensibilización interna,fomentando a reciclaxe,os hábitos de consumo responsable e a formación ambiental..

O proxecto de dixitalización da imaxe radiolóxica en todos os centros de traballo supuxo a desaparición dos residuos químicos perigosos xerados (líquidos de revelado) minimizando así o noso impacto ambiental. Doutra banda, a implantación definitiva da Clínica en liña permitiu unha diminución da necesidade de desprazamentos coa conseguinte redución das emisións de CO2.

O compromiso de Mutua Universal co medio natural queda reflectido na nosa política ambiental, que desenvolve accións para aumentar o respecto sobre os principios de protección do Medio Natural e a prevención da contaminación.

Ademais, tamén velamos por incorporar principios de eficiencia, materiais respectuosos e medidas de redución de consumo enerxético nos nosos centros.


Sistema de xestión

En Mutua Universal, desde o ano 2006, dispnemos do Sistema de Xestión Ambiental UNE-EN-ISO 14001:2004 (SGMA 14001) nas nosas instalacións a nivel nacional.

Actualmente, o Sistema de Xestión Ambiental encóntrase implantado nos 137 centros de traballo de Mutua, estando 46 deles certificados pola entidade certificadora EQA (European Quality Assurance)