Que beneficios ten a mobilidade intelixente e sostible?

Publicado o: 12/09/2016

Sendo conscientes de que o beneficio máis relevante é a redución da sinistralidade, tamén hai que ter en conta os beneficios económicos para o traballador e para a propia empresa, o aforro enerxético, así como a diminución das emisións de CO2.

Un estudo belga encargado polo goberno rexional de Bruxelas fai uns anos concluíu que o cidadán bruselense medio que substitúe o seu coche por unha bici pode aforrar 2.853 euros ao ano. Estas conclusións inclúen custos como os de mantemento, os impostos e o combustible pero exclúen o prezo de adquisición do vehículo. Iso, sen contar as perdas de tempo que supoñen as conxestións de tráfico (os belgas perderon 51 horas anuais en atascos en 2014 e ata 96 horas os condutores londinienses). 

Ademais do custo particular de cada usuario habería que calcular os custos para a empresa, como a habilitación dun espazo para aparcadoiro, o acondicionamento dos accesos e o mantemento de todo iso. 

Finalmente están os “custos sociais ”, é dicir o custo enerxético e as emisións de CO2 que implican o uso dos vehículos que circulan por motivo de traballo, tanto nos desprazamentos dos traballadores como no dos vehículos de empresa.

En realidade é complexo calcular con precisión todo isto porque implica incluír moitas variables que dependen do tipo de vehículo, das vías de comunicación, do clima, etc. Pero pódense facer aproximacións para ter unha idea de todo iso.

Quere calcular aproximadamente os custos que se poden derivar do uso de vehículos particulares por motivo de traballo?

2. Custo para a empresa

Partindo das distintas variables de gasto que un vehículo implica poderase facer un cálculo estimado do custo global. Estes son os conceptos básicos aínda que se poderían engadir máis: