Mutua Universal en cifras

Publicado o: 18/02/2016

Afiliación

A cifra de persoas traballadoras protexidas e adheridas sitúase en 1.712.590, un 4,5% máis que no exercicio precedente.

O número de empresas asociadas é de 159.869, un 1,2% máis que no ano anterior. 


Solvencia e liquidez

En 2023 a Mutua Universal obtivo uns ingresos por cotizacións sociais de 1.665 millóns de euros, cun incremento do 11,5% respecto ao ano anterior.

O resultado do exercicio a distribuír foi de 20,83 millóns de euros.

A Mutua Universal achega 21,24 millóns de euros á Tesouraría Xeral da Seguridade Social, co que contribúe á sostibilidade do sistema e do estado do benestar. 


Actividade asistencial

A Mutua Universal investiu 6,6 millóns de euros na reforma e mantemento das súas instalacións, unha ampla rede de centros distribuídos por todo o territorio nacional que en 2023 atenderon máis de 1,4 millóns de visitas de asistencia primaria, 544.166 sesións de rehabilitación e 6.061 ingresos hospitalarios.