Clínica en liña

Publicado o: 09/11/2015

A Clínica en liña é un sistema de telemedicina implantado en todos os nosos centros, que ten como obxectivo garantir o acceso á medicina especializada e hospitalaria de todos os nosos asociados independentemente da situación xeográfica do paciente.

Axiliza o diagnóstico e reduce os tempos de espera, o que mellora a calidade de vida do paciente e da súa familia, e incrementa a eficacia da nosa organización.

Clínica en liña, o modelo asistencial do futuro

Clínica en liña é un sistema de telemedicina avanzado que permite a todos os nosos profesionais sanitarios realizar asistencia médica, tanto simultánea como en diferido, grazas á interconexión dos nosos 112 centros asistenciais e as 2 áreas de control hospitalario cunha rede de fibra óptica exclusiva e propia, garantindo os máximos niveis de seguridade para a transmisión de datos médicos.

  • O paciente recibe en tempo real, de forma fiable e totalmente precisa, unha atención médica personalizada prestada polos especialistas máis axeitados que dan soporte médico a distancia
  • Permite a calquera profesional sanitario, independentemente de onde estea situado, consultar, recibir apoio e asesoramento sobre calquera patoloxía, diagnóstico ou tratamento
  • Está integrada coa historia clínica electrónica de cada paciente en que tamén se incorporan as radioloxías dixitais e probas diagnósticas, o que permite que a información poida consultarse de forma rápida, áxil e simple
  • É un núcleo de coñecemento médico en liña para que os nosos profesionais asistenciais poidan estar perfectamente preparados e asesorados
  • É un novo concepto exclusivo que garante a equidade territorial e unha alta calidade asistencial, sen demoras, nin listaxes de espera

Visita en tempo real e diagnóstico a distancia

Clínica en liña reforza a nosa orientación ao servizo, proximidade, excelencia e innovación, e permite aplicar un plan de saúde integral tutelado sempre polo médico de confianza, pero co apoio constante dun especialista. Deste xeito garantimos:

  • Diagnóstico contrastado, facilitando o intercambio de impresións entre especialistas e o médico de primaria
  • Máxima inmediatez; acceso aos mellores especialistas en tempo real, de forma fácil e rápida desde calquera punto da xeografía
  • Máxima calidade asistencial sen necesidade de desprazamentos, favorecendo así a conciliación da vida persoal e familiar dos nosos pacientes