Aviso legal Coida a túa voz

Publicado o: 03/08/2015

Identificación fiscal

Para cumprir co que se establece no artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, ponse de manifesto que MUTUA UNIVERSAL MUGENAT, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social núm.10 (de agora en diante MUTUA UNIVERSAL), co CIF G08242463, ten o seu domicilio social e fiscal en Av. Tibidabo 17-19, 08022 Barcelona e enderezo de correo electrónico info@mutuauniversal.net.


Condicións xerais

O uso da aplicación “Coidado da voz ”, de agora en diante a APLICACIÓN, implica a expresa e plena aceptación das condicións aquí expostas. MUTUA UNIVERSAL resérvase o dereito a modificaras en calquera momento.

O usuario comprométese a utilizar a aplicación de acordo coa lei, a moral, a saúde e a orde pública, e a manter indemne a MUTUA UNIVERSAL de toda reclamación derivada do incumprimento de calquera das devanditas obrigas.

O usuario obrígase a utilizar os contidos (datos, textos, imaxes, informacións, gráficos ou vínculos) que figuran na APLICACIÓN, segundo os exclusivos fins da mesma, tanto se a titularidade corresponde a MUTUA UNIVERSAL, como a terceiros, e a non modificara, reproducira ou distribuíra en calquera forma.


Dereitos de propiedade intelectual e industrial

MUTUA UNIVERSAL é titular de todos os dereitos de propiedade industrial e intelectual do código fonte e de todo o material publicado na APLICACIÓN, como deseños gráficos, imaxes, contidos e demais elementos.

A parte da simple descarga e almacenaxe no dispositivo da persoa usuaria, está estritamente prohibido modificar, distribuír, reempregar ou reenviar todo ou parte do contido da APLICACIÓN para propósitos de carácter público ou comercial sen a autorización escrita de MUTUA UNIVERSAL.

As actuacións que infrinxan as disposicións anteriormente expresadas, poden constituír unha vulneración dos dereitos de propiedade intelectual e industrial protexidos no texto refundido da Lei de propiedade intelectual (TRLPI), dando lugar aos delitos tipificados nos artigos 270, seguintes e concordantes do vixente Código Penal.


Utilización de cookies

O uso da APLICACIÓN leva implícita a aceptación das cookies analíticas, propias ou de terceiros, de que MUTUA se serve para monitorizar e mellorar a experiencia do usuario. A información completa con respecto ás cookies encóntrase na Política de Privacidade e Cookies de Mutua Universal.


Esta aplicación desenvólvese no marco de Plan Xeral de Actividades preventivas da Seguridade Social. Os seus contidos perseguen unicamente difundir e fomentar a adopción de hábitos saudables e unha actitude preventiva por parte dos usuarios aos que se dirige.En ningún caso substitúe as recomendacións ou pautas dun profesional sanitario