"

Coberturas económicas por continxencia común

Enténdese por continxencia común a situación en que un traballador o autónomo, por causa dun accidente ou enfermidade non laboral, non pode traballar e recibe asistencia sanitaria por parte do Sistema Público de Saúde. A alta e a baixa determínana os médicos da Seguridade Social.

Continxencia común e a empresa

Prestación económica

  • Do 1º ao 3º día de baixa (ambos os dous incluídos)
    A cargo do traballador

  • Do 4º ao 15º día da baixa
    60% da base reguladora a cargo da empresa

  • Do 16º ao 20º día da baixa
    60% da base reguladora a cargo de Mutua Universal

  • A partir do 21º día da baixa
    75% da base reguladora a cargo de Mutua Universal

  • A duración máxima é de 365 días. Pódese prorrogar outros 180 días cando se prevé a curación.

 Cales son os trámites que ten que realizar a empresa?

  1. Tramitar o parte de baixa do traballador
    Vía Sistema Red
    Prazo máximo 3 días hábiles

  2. Tramitar o parte de confirmación
    Vía Sistema Red
    Prazo máximo 3 días hábiles

  3. Alta
    Vía Sistema Red
    Prazo máximo 3 días hábiles

Que beneficios obtén a empresa?

  • Non ten custo adicional
  • Melloramos os procesos de baixa de cada traballador colaborando co Sistema Público de Saúde
  • Axilizamos os expedientes de invalidez
  • Xestionamos de forma personalizada cada un dos procesos co que garantimos óptimos resultados para a empresa e o paciente
  • Os nosos profesionais especializados e os nosos recursos están ao servizo do paciente

Continxencia común e o autónomo

Prestación económica

  • Do 1º ao 3º día de baixa (ambos os dous incluídos)
    Importe da prestación 0 euros

  • Do 4º ao 20º día da baixa
    60% da base reguladora a cargo de Mutua Universal

  • Do 16º ao 20º día da baixa
    60% da base reguladora a cargo de Mutua Universal 

  • A partir do 21º día da baixa
    75% da base reguladora a cargo de Mutua Universal

  • A duración máxima é de 365 días. Pódese prorrogar outros 180 días cando se prevé a curación.

 Cales son os trámites que ten que realizar o autónomo?

  1. O autónomo é atendido nun centro do Servizo Público de Saúde
  2. Entréganos o parte da baixa
    Prazo máximo 3 días hábiles

  3. Entréganos os partes periódicos de confirmación
    Prazo máximo 3 días hábiles

  4. Entréganos a alta
    Prazo máximo de 24 horas

Que beneficios obtén o autónomo?

  • Xestión e seguimento personalizado dos procesos médicos
  • Asesoramento e información médica e administrativa
  • Posibilidade de tramitar propostas de alta e expedientes de invalidez
  • Redución das listaxes de espera dos servizos públicos sanitarios
  • Confidencialidade no tratamento da información
  • Ampla experiencia no control da incapacidade temporal
  • Axilizamos os trámites en caso de invalidez ou de iniciación das posibles incapacidades permanentes