Coberturas económicas por continxencia común
Enténdese por continxencia común a situación en que un traballador ou autónomo, por causa dun accidente ou enfermidade non laboral, non pode traballar e recibe asistencia sanitaria por parte do Sistema Público de Saúde. A alta e a baixa determínana os médicos da Seguridade Social.
Continxencia común e a empresa
Prestación económica
- Do 1º ao 3º día de baixa (ambos os dous incluídos)
A cargo do traballador - Do 4º ao 15º día da baixa
60% da base reguladora a cargo da empresa - Do 16º ao 20º día da baixa
60% da base reguladora a cargo de Mutua Universal - A partir do 21º día da baixa
75% da base reguladora a cargo de Mutua Universal - A duración máxima é de 365 días. Pódese prorrogar outros 180 días cando se prevé a curación.
Cales son os trámites que ten que realizar a empresa?
- Tramitar o parte de baixa do traballador
Vía Sistema Red
Prazo máximo 3 días hábiles - Tramitar o parte de confirmación
Vía Sistema Red
Prazo máximo 3 días hábiles - Alta
Vía Sistema Red
Prazo máximo 3 días hábiles
Que beneficios obtén a empresa?
- Non ten custo adicional
- Melloramos os procesos de baixa de cada traballador colaborando co Sistema Público de Saúde
- Axilizamos os expedientes de invalidez
- Xestionamos de forma personalizada cada un dos procesos co que garantimos óptimos resultados para a empresa e o paciente
- Os nosos profesionais especializados e os nosos recursos están ao servizo do paciente
Continxencia común e o autónomo
Prestación económica
-
Do 1º ao 3º día de baixa (ambos os dous incluídos)
Importe da prestación 0 euros -
Do 4º ao 20º día da baixa
60% da base reguladora a cargo de Mutua Universal -
Do 16º ao 20º día da baixa
60% da base reguladora a cargo de Mutua Universal -
A partir do 21º día da baixa
75% da base reguladora a cargo de Mutua Universal -
A duración máxima é de 365 días. Pódese prorrogar outros 180 días cando se prevé a curación.
Cales son os trámites que ten que realizar o autónomo?
- O autónomo é atendido nun centro do Servizo Público de Saúde
- Entréganos o parte da baixa
Prazo máximo 3 días hábiles - Entréganos os partes periódicos de confirmación
Prazo máximo 3 días hábiles - Entréganos a alta
Prazo máximo de 24 horas
Que beneficios obtén o autónomo?
- Xestión e seguimento personalizado dos procesos médicos
- Asesoramento e información médica e administrativa
- Posibilidade de tramitar propostas de alta e expedientes de invalidez
- Redución das listaxes de espera dos servizos públicos sanitarios
- Confidencialidade no tratamento da información
- Ampla experiencia no control da incapacidade temporal
- Axilizamos os trámites en caso de invalidez ou de iniciación das posibles incapacidades permanentes