"

Aviso a provedores

Publicado o: 08/02/2022

Informámolos/as de que un terceiro emitiu correos electrónicos cuxa finalidade é un intento de estafa, baseada na suplantación da identidade da Mutua Universal ou dalgún dos seus empregados, mediante a utilización de dominios similares a @seccioncontratacion.live. 

No correo que vostede puido recibir deste dominio ou doutros, pódese facer referencia ao número de expediente e obxecto do contrato sobre o que vostede foi adxudicatario e solicitáselle, “en formato PDF, a(s) factura(s) relacionada(s) con ese contrato, para revisión de todos os posibles erros”.

Desde a Mutua Universal advertimos de que estes correos non foron emitidos pola nosa entidade e carecen de validez. É importante que ante a mínima dúbida sobre a natureza e a orixe deste tipo de correos, nunca se respondan, non se abran os arquivos anexos nin se visiten as ligazóns que conteñan, e que o notifique decontado ao seu departamento de seguridade ou de tecnoloxía. 

En caso de que se interactuase dalgunha maneira co contido do correo e remitisen a documentación solicitada, pregamos que o poñan en coñecemento desta entidade a través deste enderezo electrónico.