Protección solar e hidratación

Publicado o: 04/06/2018

Lee en contido completo en Infermeravirtual.com

Radiación solar

Protexerse da radiación solar

A protección do sol con roupa e produtos específicos, así como evitar a exposición solar excesiva, axudan a previr o cancro de pel. As persoas que teñan tendencia a queimarse ao sol deben tomar medidas activas, como o uso de cremas solares con factor de protección alta. 


Unha insolación ou golpe de calor

O exceso de calor causa unha perda de líquidos e sales minerais que poden levar á deshidratación; se non se actúa con rapidez, pode chegar a ser un problema grave.
Os síntomas son: febre moi alta, dor de cabeza intenso, náuseas, somnolencia, convulsións e inclusa perda de coñecemento.

Que hai que facer para previr un golpe de calor 

  • Evitar a actividade física intensa nas horas de máis calor do día. 
  • Beber líquidos abundantes (auga ou zumes de froitas) aínda que non se teña sede. 
  • Evitar comidas copiosas e moi quentes. 
  • Protexer o cabeza do neno e aplicar crema solar. 
  • Utilizar roupa lixeira, ampla e de cores claras. 
  • Se a pesar destas medidas se ten moito calor, mollar a cara e o pelo e incluso a roupa.

Que hai que facer ante un golpe de calor 

  • Trasladar a vítima a un lugar fresco e deitaro coas pernas elevadas. 
  • Darlle auga e mollarlle a cara cunha toalla húmida. 
  • Pode utilizarse un ventilador para refrescarlle con maior rapidez. 
  • En caso de febre, administrar antitérmicos e seguir as pautas hixiénicas e farmacolóxicas recomendadas.
  • Trasladaro un centro sanitario.

Auga

 Que cantidade de auga necesito? 

As necesidades diarias de auga dunha persoa adulta sa son aproximadamente de 2,5 litros e son cubertas pola auga que se bebe e pola que conteñen os alimentos.

A inxesta de auga debe incrementarse en casos de embarazo, lactación ou outras situacións de perdas elevadas de auga, como o exercicio físico intenso, os vómitos, as diarreas, a febre ou o ambiente con altas temperaturas.  

 Funcións da auga 

 Todos os sistemas do organismo dependen da presenza de auga. Cumpre as seguintes funcións:

  • É o medio de transporte de substancias de refugallo do organismo (urina e suor). 
  • Intervén no mantemento da temperatura corporal. 
  • Mantén a presión osmótica (presión mínima necesaria para impedir o paso das moléculas do disolvente puro cara a unha disolución a través dunha membrana semipermeable) dos líquidos extracelulares e intracelulares, esenciais para o equilibrio do medio interno. 
  • Serve de lubricante; por exemplo, para as articulacións dos ósos (líquido sinovial). 
  • É o medio onde teñen lugar todas as reaccións metabólicas. 
  • Actúa como material de construción para o crecemento e a reparación dos tecidos (elemento estrutural). 
  • Dá volume ao contido intestinal e axuda á súa eliminación. 

 Deshidratación 

Prodúcese cando a perda de líquidos é superior á súa achega. Algunhas situacións que aumentan a perda de líquidos son a febre, a disnea, os vómitos, as diarreas, os diuréticos, etc. Cando se perde máis líquido do normal, aparece a sensación de sede, pero se se beben líquidos, répónse as perdas adicionais e non se produce deshidratación.

Cando debo beber auga?

 Débese beber cando se teña sede. Hai unha falsa crenza de que unha inxesta abundante de auga contribúe a aumentar a eliminación renal de produtos de refugallo e a mellorar a función do ril. Porén, só se demostrou que a inxesta elevada de líquido diminúe o risco da formación de cálculos. Pola contra, en determinados pacientes con patoloxía cardíaca ou baixo tratamento con determinados fármacos, como diuréticos ou antidepresivos, esta medida pode producir unha dilución dos sales presentes no líquido extracelular con efectos prexudiciais para a saúde.

Polo tanto, a recomendación de inxesta elevada de auga ou de líquidos similares, como zumes, débese restrinxir a pacientes con litiase renal ou a persoas maiores con alteracións cognitivas, cuxa sensación de sede pode estar abolida. O resto de persoas deben beber cando teñan sede. 

No referente ao momento saudable para tomar auga, se antes, durante ou despois das comidas, non se encontra ningunha razón nutricional que poida argumentar algunhas destas indicacións. Parece que isto é indiferente, sempre que a cantidade inxerida sexa moderada. A inxesta de medio litro de auga (500 cm³) antes das comidas, si ten unha explicación fisiolóxica, xa que pode actuar como inhibidor do apetito, mentres dure a distensión do estómago. Esta tamén é a explicación de que a inxesta de auga engádase a moitos réximes dietéticos, coa finalidade de propiciar a saciedade, aínda que este efecto é de moi curta duración.