Que podo facer para evitar un cancro de pulmón

Publicado o: 03/05/2019

Lee en contido completo en Infermeravirtual.com

Factores de risco modificable (factores asociados aos estilos de vida)

  • Tabaco: a adicción ao tabaco é a causa principal do 90 %de casos de cancro de pulmón. 
  • Marihuana: a marihuana contén máis alcatrán que os cigarros. Ademais, inhálase moi profundamente e o fume réténse nos pulmóns durante máis tempo. Moitas das substancias do tabaco que causan cancro tamén se encontran na marihuana. É difícil probar unha conexión entre a marihuana e o cancro de pulmón porque non é fácil recompilar información sobre o uso de drogas ilegais. Ademais, moitas persoas que fuman marihuana tamén fuman cigarros e é difícil saber canto risco é debido ao tabaco e canto é debido á marihuana.
  • Fume do tabaco: o fume dos cigarros que fuman outros contén moitas substancias químicas que tamén poden producir cancro de pulmón cando se inhalan. 
  • Dieta: os estudos conclúen que o consumo de froitas e verduras reduce o risco de cancro de pulmón, aínda que a forma en que proporcionan esta protección non se coñece.

Alimentación saudable: os grupos de alimentos

  • Contacto con carcinóxenos:
    • O asbesto ou amianto: Un longo contacto con esta substancia aumenta ata sete veces o risco de ter cancro de pulmón. Existen tres fontes de exposición:  
      • Ocupacional: é a que se relaciona co lugar de traballo. 
      • Doméstica: é a que afecta os familiares dos traballadores do asbesto debido ás fibras incorporadas na roupa do traballo. 
      • Ambiental: sobre todo en países onde se explota o asbesto, como Sudáfrica, Australia ou Canadá.

        Nos últimos anos os gobernos prohibiron que se utilice esta substancia en produtos industriais e comerciais. Considérase que, actualmente, o risco máis elevado de exposición ao asbesto é o dos traballadores que participan nos traballos de retirada de asbesto e o daqueles que, durante o seu traballo, encontran amianto de improviso, en particular aqueles que traballan no mantemento e a reparación de edificios, fábricas, buques ou trens. Os traballadores da construción son os que probablemente estarán máis expostos nos próximos anos, xa que, durante moito tempo, déronse ao amianto múltiple usos e aplicacións no sector da construción.
    • O radon: Cando o uranio se descompón naturalmente produce radon, un gas radioactivo que non se pode ver, non ten gusto nin ole. Procedente do subsolo, ten tendencia a acumularse no interior das vivendas edificadas en zonas montañosas e ricas en uranio. As persoas que traballan nas minas e nos túneles poden estar expostas ao radon.

Os metais (arsénico, níquel e cromo): persoas traballadoras da industria do automóbil e da fundición de metais. Máis información en: Sociedade Española de Pneumoloxía e Cirurxía Torácica 

  • Axentes causantes de cancro no traballo: outros canceríxenos (axentes causantes de cancro) que hai na área de traballo e que poden aumentar o risco de cancro de pulmón inclúen: 
  • Minerais radioactivos como o uranio. 
  • Substancias químicas ou minerais inhaladas como o arsénico, o berilio, o cloruro de vinilo, cromados de níquel, produtos de carbón, gas mostaza e éteres de clorometileno. 
  • Combustibles como a gasolina. 
  • Produtos da combustión do diésel.
  • Algunhas enfermidades do pulmón: como a tuberculose, aumentan as posibilidades dunha persoa de ter cancro de pulmón. O cancro de pulmón ten tendencia a desenvolverse nas áreas do pulmón que teñen cicatrices de tuberculose. 
  • Outros: a contaminación ambiental nalgunhas cidades causadas, por exemplo, polos automóbiles ou as emisións das fábricas.

  
Aínda que todos estes factores son importantes no desenvolvemento do cancro, especialmente o tabaco, sábese que non todas as persoas expostas a canceríxenos desenvolverán un cancro de pulmón, xa que só un 10 % - 15 % das persoas fumadoras activas teñen un.