Oíches que o tabaco protexe de contraer a COVID-19?

Publicado o: 11/06/2020

Lee en contido completo en Infermeravirtual.com

Recentemente xurdiron unha serie de estudos que sustentan que a nicotina podería ter un efecto preventivo no contaxio ou na reacción inflamatoria esaxerada que pode provocar o novo coronavirus SARS-CoV-2. Non obstante, a Sociedade Española de Epidemioloxía considera que, de momento non hai unha evidencia científica sólida que demostre estas hipóteses.

As persoas fumadoras ou exfumadoras son máis susceptibles de contraer infeccións respiratorias e que estas, cursen con máis gravidade. O virus da gripe ou o novo coronavirus SARS-Cov-2, afectan principalmente aos pulmóns, que xa se encontran danados polo consumo de tabaco. Así pois, recoméndase evitar o consumo de tabaco.


Deixar de fumar é posible e cada ano miles de persoas conségueno. Propuxéchesche algunha vez deixar de fumar? Probáchelo sen éxito?

Hoxe pode ser o día para empezar unha vida máis saudable e deixar o tabaco. Para deixar de fumar, primeiro hai que estar convencido. É unha decisión persoal que require valorar os motivos polos que cada un desexa deixar o tabaco, a pesar de haber circunstancias na vida que favorecen o cambio, como o nacemento dun fillo, estar doente ou pasar por unha circunstancia económica desfavorable.

Ademais dos motivos económicos, hai moitos motivos que poden levar unha persoa a deixar de fumar:

  • Mellorar a saúde: para respirar mellor, fatigarse menos, deixar de tusir, vivir mellor, reducir o risco de sufrir un infarto, unha embolia ou un cancro, para respectar o dereito á saúde das persoas de arredor, etc.
  • Mellorar a calidade de vida: para eliminar a halitose, non lixar a roupa e o pelo co cheiro do tabaco, poder bicar sen ulir a cinceiro, gozar de aire fresco na casa e no coche, gastar o diñeiro noutras cousas máis gratificantes, manter os dentes brancos, etc.
  • Aumentar a autoestima e pola xente de arredor: para liberarse do feito de levar tabaco e lume en todas partes, evitar o avellentamento da pel, recuperar o aspecto da cute, ser un bo exemplo para os demais, etc.

Está demostrado que os beneficios de deixar de fumar para a saúde son a curto e a longo prazo.

  • Nos primeiros 20 minutos, as mans e os pés están máis osixenados e cunha mellor temperatura.
  • Ás 24 horas mellora a capacidade de percibir cheiros e gustos, respirar é máis fácil.
  • 8 meses máis tarde, diminúen os problemas respiratorios e a fatiga.
  • Pasados 5 anos, o risco de sufrir un ataque ao corazón é similar ao dun non fumador.

Aos 10 anos o risco de sufrir algúns cancros é similar ao de alguén que nunca fumou.


Consulta todos os beneficios para a saúde nesta infografía: