A importancia dunha boa hidratación

Publicado o: 03/10/2018

Lee o contido completo en Infermeravirtual.com

Manter unha boa hidratación

hidratación-auga

O corpo humano necesita auga para levar a cabo todas as funcións. Os requirimentos de auga para unha persoa con diabete é a mesma que para o resto da poboación, é dicir, arredor de 1,5 l ou 2 l de auga ao día.

As bebidas máis axeitadas son a auga, os caldos vexetais e as infusións sen azucre. De cando en vez, pódese tomar gasosa e refrescos light (non máis dun ao día).


Controlar o consumo de bebidas alcohólicas

No referente á inxesta de alcohol, débense tomar as mesmas precaucións que para o resto da poboación. En persoas adultas, acéptase a toma de 1-2 copas de viño ou cervexa en cada comida principal.

É importante lembrar, no caso das persoas diabéticas, que un consumo elevado de alcohol aumenta o risco de hipoglicemias, sobre todo se se tratan con insulina ou con antidiabéticos orais dos tipos sulfonilureas.

A hipoglicemia poderíase presentar no caso de que a inxesta de alcohol fóra demasiado afastada da comida e non se tomase xuntamente con algún alimento. Polo tanto, para reducir este risco, coa bebida alcohólica deberíase tomar algún tipo de froitos secos (dátiles, figos, ameixas), flocos de millo e / ou mesturar a bebida cun zume ou unha bebida azucrada (laranxada, limoada, etc.). 

Ver: Consellos de saúde: Diabete - factores e condutas de risco

Bebidas alcohólicas cun baixo contido de azucre: 

  • viño
  • cava brut 
  • destilados (brandy, vodka, xenebra, ron, whisky)

Bebidas alcohólicas cun alto contido de azucre: 

  • cervexas (as cervexas sen alcohol ou as light teñen a mesma cantidade de azucre ou similar que as que levan alcohol)
  • licores (anís, Cointreau, estomacales)

É moi importante remarcar que:

  • As bebidas alcohólicas de alta graduación (anís, estomacal, whisky, etc.) non son recomendables, en xeral, polo seu elevado contido en alcohol. No caso das persoas con diabete, ademais, o alcohol inhibe a liberación do azucre almacenado no fígado (glicóxeno) no sangue. O organismo utiliza este azucre en caso de hipoglicemia. Polo tanto, un consumo elevado de alcohol pode incrementar o risco de hipoglicemias.
  • Aínda que unha bebida alcohólica teña máis ou menos azucre, o risco de hipoglicemia continúa sendo importante e as precaucións serán as mesmas en todos os casos. Ver - Alimentación, diabete e outros problemas de saúde
  • Se unha persoa bebe alcohol e as glicemias son elevadas previamente, a inxesta de bebidas alcohólicas cun elevado contido en azucre aínda elevaraas máis. É necesaria a abstención total de alcohol en caso de: xestación, polineuropatía (enfermidade que afecta os nervios periféricos), pancreatopatía (enfermidade do páncreas), hipertrigliceridemia severa (triglicéridos elevados no sangue) e en caso de hipoglicemias frecuentes.

Confección dun menú

menu saudable

Normas xerais para elaborar un menú para unha persoa con diabete 

  • Tanto para comer como para cear, debe haber verdura como prato principal ou de acompañamento. 
  • O primeiro prato ten que estar composto de hidratos de carbono complexo (legumes, pasta, arroz, patacas). 
  • O segundo prato ten que estar composto de proteínas (carne, peixe, ovo). 
  • O contido do primeiro e o segundo poden ir xuntos como a prato único, como por exemplo fideos á cazuela (pasta + carne). 
  • As sobremesa teñén quese compor de froita ou lácteos.

 

Ver: Alimentación saudable: distribución das comidas

 

 

 

  • Proposta de menú para persoas con diabete e obesidade que seguen tratamento só con dieta ou que tamén seguen tratamento con antidiabético oral tipo: biguanidas, inhibidores DPP4, glitazonas e inhibidores das alfa glucosidasas.  Ver táboa:   Dieta hipocalórica equilibrada