Actividades de asesoramento, sensibilización e orientación técnica

Publicado o: 09/09/2015

Asesoramento en prevención de riscos laborais

Os técnicos en prevención de riscos laborais da nosa rede nacional están a disposición das empresas asociadas para asesoralas en todos
aqueles aspectos necesarios para consolidar unha xestión eficaz da prevención de riscos laborais, incluída a súa axuda na investigación de
accidentes graves, moi graves e mortais.

O labor de asesoramento alcanza diversos niveis:
• Diagnóstico da situación específica de cada empresa e deseño e seguimento dun plan de acción.
• Resolución de dúbidas xerais relacionadas co desenvolvemento de actividades de prevención de riscos laborais.
• Información sobre o sistema de acceso a incentivos ás empresas que contribúen á diminución e prevención da sinistralidade laboral
(Bonus Prevención).


Seminarios de orientación técnica

As empresas asociadas incluídas no Plan Xeral de Actividades Preventivas poden beneficiarse dunha oferta de seminarios de orientación
técnica, que abordan temas de interese no campo da prevención. Estas actividades lévanse a cabo nas instalacións de Mutua Universal e diríxense a empresarios, traballadores designados, delegados de prevención, mandos intermedios e empregados en xeral, así como traballadores
autónomos adheridos. 


Entre os principais temas que se tratan nos seminarios figuran:
• Investigación de accidentes.
• Preparación de inspeccións de traballo.
• Avaliación de riscos.
• Planificación de actividades preventivas.


Programas de sensibilización

Como complemento aos programas de redución da sinistralidade, Mutua Universal desenvolve actividades de sensibilización e de implantación de pautas de traballo seguras. O seu obxectivo é mellorar a actitude e concienciación dos empregados en aspectos en que é prioritaria a actitude e responsabilidade individual.


Entre os temas máis comúns que abordan os programas de sensibilización figuran:
• Prevención de trastornos músculoesqueléticos.
• Manexo do estrés.
• Seguridade viaria: accidentes in itinere e in mision.
• Prevención cardiovascular.
• Consumos tóxicos: tabaco.
• Consumo de alcohol e drogas na empresa - payde.
• Adopción de hábitos saudables.
• Observacións planificadas.
• Integración da prevención.


Plan de redución de accidentes in itinere e in mision

Programa deseñado para a redución destes accidentes tanto de forma xeral como en colectivos específicos.

Inclúe:
• Sistema global de redución e control dos accidentes.
• Instrumentos e modelos necesarios para elaborar un Plan de Mobilidade.
• Instrumentos, materiais e asesoramento necesarios para desenvolver charlas ou campañas de prevención.
• Canle e materiais necesarios para a formación dos traballadores.