Radioloxía dixital en todos os nosos centros
Pódese considerar a radioloxía dixital como o maior avance tecnolóxico en sistemas de imaxes de uso médico da última década. As imaxes pódense obter, borrar, modificar e pódense enviar a continuación a unha rede de ordenadores. En poucos anos veremos como a película fotográfica para raios X caerá completamente en desuso. Unha analoxía apropiada e fácil de entender é a substitución das cámaras fotográficas tradicionais polas cámaras dixitais.
Os beneficios que achega a radioloxía dixital son enormes. O persoal médico pode ver nunha pantalla de alta resolución a imaxe e incluso emitir un informe poucos minutos despois de haberse realizado a exploración.
As imaxes xa non se gardan nun único lugar. Desta forma diferentes profesionais da medicina situados a quilómetros de distancia poden veras simultaneamente. Ademais, os/a paciente pode levarse as imaxes de raios X nunha herarmienta de almacenaxe dixital para póras a disposición doutro persoal médico ou hospitais.
En Mutua Universal realizamos a dixitalización dos equipos de raios X en todos os nosos centros
Isto supón un importante avance na redución das doses de radiación que se utilizan nas probas, xa que deixan de usarse as tradicionais placas, favorecendo ademais a eliminación de residuos de raios X.
Vantaxes
En comparación coa radioloxía de película convencional, a radioloxía dixital permítenos:
- Eliminar as subministracións e produtos químicos e reducir os niveis de radiación.
- Obter unha mellor calidade de imaxe grazas ás posibilidades que ofrece o filtrado dixital.
- A alta definición ofrece un contraste excepcional con 65.000 niveis de gris, o que permite ao médico realizar un diagnóstico con maior precisón que os sistemas tradicionais.
- Almacenar e enviar información a través de medios dixitais.
Continúa lendo sobre servizos e innovación:
Rehabilitación cardíacaQueres saber máis sobre os nosos servizos?