Centros e cobertura territorial

A nosa asistencia sanitaria comprende a atención inmediata no momento do accidente, as consultas sucesivas e a posterior rehabilitación prestando os servizos de urxencias médicas, asistencia ambulatoria e hospitalaria e especialidades médico-cirúrxicas en todos os centros sanitarios.
A rede asistencial está formada por 133 centros de traballo, dúas áreas de control hospitalario en Madrid e Barcelona e dous hospitais intermutuais en Bilbao e Valencia.
Centros asistenciais
Os centros asistenciais, certificados coa Norma ISO 9001:2008, ademais de atender o persoal de traballo accidentado, son instalacións óptimas para realizar servizos de rehabilitación, recuperación funcional e asistencia domiciliaria.
Unha asistencia pensada para pacientes
No noso centro asistencial os/as pacientes sonel centro de atención. Todo un equipo de profesionais en medicina, enfermaría e rehabilitación ocúpase da súa total recuperación.
Áreas de control hospitalario de referencia
Dispomos de equipos cirúrxicos propios en grandes hospitais especialmente acreditados en Madrid e Barcelona, dotados con todas as especialidades médicas, modernos medios de diagnóstico e tratamento e servizo de urxencias 24 / 365.
-
Madrid: Sanatorio Nuestra Señora del Rosario
-
Barcelona: Hospital HM Delfos
As nosas áreas hospitalarias contan cunha área independente.
Con zonas e instalacións propias onde están situados os nosos equipos cirúrxico-hospitalarios nos que nos responsabilizamos das urxencias médicas, cirurxía e hospitalización programada.
Centros hospitalarios intermutuais
- Bilbao Hospital Intermutual de Euskadi
- Valencia Hospital de Recuperación e Rehabilitación de Levante
Necesitas atopar un centro de asistencia?