Campaña EU-OSHA. Traballo seguro e saudable na era dixital (2023-2025)

Publicado o: 19/10/2023

Vivimos nunha sociedade en que as novas modalidades de traballo, favorecidas polo uso das novas tecnoloxías e a dixitalización, transformaron en moi pouco tempo a nosa forma de vivir e traballar. Falamos de realidades xa presentes no noso medio como o Traballo en Plataformas Dixitais (TPD), a automatización de tarefas, o traballo en remoto, a robótica ou o uso da intelixencia artificial, entre outras.

Traballo seguro saudable dixitalTendo en conta as oportunidades e retos deste escenario así como os riscos e impacto na seguridade e saúde da poboación traballadora, a Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU-OSHA), presenta a campaña bienal 2023-2025, Traballos Saudables co lema “Traballo Seguro e Saudable na era dixital”.

O obxectivo é promover unha transformación dixital segura e produtiva no mundo do traballo cun enfoque centrado nas persoas.

Esta campaña está aliñada tanto co enfoque de «Visión Zero» da Comisión Europea para erradicar a mortalidade laboral como cos obxectivos da Estratexia Dixital Europea, centrados en lograr que esta transformación estea ao servizo das persoas e as empresas.

Axenda: datas clave

Destacamos a continuación os principais fitos desta campaña, que arrinca neste mes de outubro de 2023, co lanzamento do seu espazo web e o inicio dos Galardóns ás Boas Prácticas, e finalizará en novembro de 2025:

  • 15 de outubro de 2024: data límite de presentación de exemplos de Boas Prácticas para participar nos Galardóns.
  • Abril 2025: anuncio gañadores Galardón Bo Prácticas.
  • Novembro 2025: finalización da Campaña bienal "Traballos saudables: traballo seguro e saudable na era dixital". E cerimonia de entrega de galardóns.

 

Áreas prioritarias da campaña

Publicado o: 19/10/2023