Exoesqueletos. Mitos, lendas e certezas

Publicado o: 13/08/2020

Os exoesqueletos industriais son dispositivos deseñados para asistir as persoas nas tarefas que desempeñan habitualmente nos seus postos de traballo. O seu obxectivo é protexer e facilitar asistencia para previr esforzos excesivos e minimizar a fatiga.

Existen algúns mitos que os presentan como solucións máxicas e que dotan aos exoesqueletos de certos poderes como que ”lvos problemas músculo-esqueléticos reduciranse un 80%”, que ”os traballadores cargarán sacos de 50 kg sen fatigarseou que ”aumentará a produción con menos persoal”. Porén, co desenvolvemento actual desta tecnoloxía non se alcanzan estes extremos, pero si é certo que están deseñados co fin de axudar o usuario no seu posto de traballo e que verdadeiramente axudan no desenvolvemento dalgunhas tarefas, aínda que cómpre ter en conta o impacto pola súa implantación e a posible xeración de efectos secundarios adversos.

É importante polo tanto coñecer que son o exoesqueletos e para que serven exactamente, así como realizar unha análise profunda da súa conveniencia e contar coas indicacións acertadas de como introduciros nunha empresa.

Publicado o: 13/08/2020

Estás a pensar en introducir un exoesqueleto na túa empresa?

Igual que calquera novo equipo de traballo, a introdución dun exoesqueleto comporta cambios que xeran un impacto tanto na persoa usuaria como nos seus compañeiros e medio. Ao afectar ao desempeño xeral na empresa, a súa introdución debería ser feita con certa prudencia. Antes de incluír un exoesqueleto é importante considerar diferentes aspectos que nos axuden a valorar cal é a mellor opción e comprobar a idoneidade do dispositivo .

Realmente preciso un exoesqueleto?

E se é necesario, cal é o exoesqueleto adecuado?

Que impacto pode ter o exoesqueleto?

Será válido para o posto de traballo?

Como podo facilitar a súa implantación?