Coidarnos e coidarlles
Ti estás ben, eu estou ben!

- Presta atención se xorden condutas non-saudables (comer ou fumar en exceso, bebidas estimulantes, durmir exceso ou traballar sen parar, illarse, descoidar hixiene persoal, ter comportamentos violentos).
- Pensa tanto no que dis, como en como diso. Especialmente en situacións difíciles. Axudarache a evitar conflitos.
- Mantén contacto con familiares, amigos e amigas, etc. Aproveita a tecnoloxía!
- Comparte con eles tanto as circunstancias que aínda tes que resolver, como as que xa xestionaches con éxito. Sodes unha rede de apoio recíproco!
- Pensa en actividades diferentes que podes facer agora que tes máis tempo para eles: traballos manuais, cociña, construcións, exercicio, xogos de mesa, etc.
- Presta atención ao estado de saúde, física e mental, do resto do núcleo familiar.
- Acepta que algúns aspectos da situación actual escapan do teu control. Como ocorre noutras moitas situacións na túa vida! Se tes dificultade para conseguiro e xérache activación, practica algunha técnica de respiración/relaxación como estas que che presentamos.