Manipulación manual de cargas
Publicado: 16/12/2015
Algunha das posibles lesións derivadas dunha incorrecta manipulación de cargas, adoitan ser alteracións musculoesqueléticas, especialmente as patoloxías dorsolumbares como a fatiga física, a lumbalxia, a ciática ou a hernia discal.
Nesta guía proporcionamos recomendacións específicas en función do tipo de movemento que se vai realizar durante o desenvolvemento do traballo físico e nos casos en que non sexa posible, medios auxiliares para a elevación e transporte de cargas pesadas, tales como guindastres, cintas transportadoras ou carretillas.