Como previr os campos electromagnéticos?

Publicado o: 25/02/2019

Coa publicación da Directiva 2013/35/UE relativa á exposición dos traballadores aos campos electromagnéticos (CEM), a Comisión Europea elaborou unhas guías prácticas para axudar os empresarios, sobre todo ás pequenas e medianas empresas, a comprender as disposicións que deben cumprir: discernir se lles é de aplicación a directiva e axudarlles a avaliar os riscos de exposición ao CEM e as medidas que deben adoptar, se procede.

Estas guías achegan solucións a escenarios concretos de exposición e á protección de traballadores con riscos particulares.

Publicado o: 13/12/2019

 

Baseada nestas guías europeas, en 2019 o Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST) elaborou unha guía técnica dirixida fundamentalmente aos aspectos relacionados coa avaliación e a prevención dos riscos derivados da exposición a campos electromagnéticos nos lugares de traballo.