Radiacións UV

Publicado o: 19/08/2024
Publicado o: 07/06/2024

A exposición frecuente e prolongada aos raios ultravioleta (UV) é a principal causa de cancro na pel, un dos cancros que máis facilmente pódese previr protexendose da radiación solar.

O índice ultravioleta (IUV) indica o nivel de perigo da radiación solar, a partir de IVU de 3 debémosnos protexer:

proteccion uv

En España, a dose de radiación UV natural é das máis altas de Europa, debido á súa situación xeográfica e a súa latitude, con previsión de que aumente como consecuencia do cambio climático.

No mes de xuño é fácil acadar os niveis máis altos do IVU na maior parte do territorio, incluso antes de que se acaden os niveis máis altos de temperaturas. AEMET ofrece na súa páxina información diaria sobre previsións do IUV.

A ONU e a OIT creou en 2022 a aplicación SunSmart Global UV, unha ferramenta clave para sensibilizar as persoas sobre as consecuencias para a saúde da exposición a raios UV. Acaba de ser actualizada (xullo 2024) e permite aos usuarios o seguimento dos niveis de radiación UV locais con franxas horarias e datos sobre temperaturas, ofrecendo consellos personalizados sobre a protección solar necesaria.