A exposición a fibras de amianto nos postos de traballo pode producirse de formas moi diferentes:
A empresa debe ter identificados e valorados os MCA das súas instalacións para poder avaliar o risco de exposición do seu persoal e poder xestionar de forma correcta a coordinación de actividades empresariais (CAE), especialmente en intervencións de mantemento, reparacións ou obras. Empresas acreditadas ofrecen servizos de inspección para a localización e diagnóstico dos MCA conforme á norma UNE 171-370-2.
O Ministerio de Sanidade publicou "Directrices para a retirada do amianto instalado"(xuño 2024) para facilitar a elaboración dun censo de instalacións e localizacións con amianto de forma harmonizada en todo o territorio nacional e priorizar a súa retirada en función de criterios de perigo e exposición á poboación. Estas directrices tamén poden servir para axudar as empresas e os seus servizos de prevención que deban identificar o risco por exposición ao amianto nas avaliacións de riscos, na localización e identificación dos MCA instalados nos seus centros de traballo.
Coñece a información que ofrece o INSST sobre traballos seguros con amianto (TSA), así como as nosas recomendacións para o traballo con amianto: Díptico "Prevención exposición a amianto".