Áreas de saúde que podes abordar na túa empresa con Mutua Universal

Publicado o: 23/08/2024

A integración das diferentes campañas de sensibilización na organización, oriéntanse a facilitar recursos ás persoas para que manteñan, ou adopten, bos hábitos de saúde e logren un mellor benestar físico, mental e social.

Publicado o: 02/09/2024

Hábitos saudables e percepción de saúde

Ten como obxectivo sensibilizar as persoas sobre os beneficios da adopción de hábitos de vida saudable na súa vida cotiá para reforzar a saúde e previr enfermidades.

 

Publicado o: 02/09/2024

Prevención cardiovascular

Permite valorar o risco de padecer unha enfermidade cardiovascular nos próximos anos, ademais de informar e sensibilizar sobre os beneficios de adoptar hábitos saudables na prevención de enfermidades cardiovasculares.

Publicado o: 02/09/2024

Saúde músculo-esquelética

Coidar o sistema músculo-esquelético é fundamental para minimizar posibles alteracións nas nosas estruturas corporais. O obxectivo é o de conservar a saúde do aparello músculo-esquelético, mediante reforzo deste ou de preparación para a actividade laboral.

 

Publicado o: 02/09/2024

Xestión do estrés

Xestionar o estrés é ter control sobre a propia vida, ser capaz de manexarnos de forma efectiva e garantir un funcionamento persoal óptimo. Esta campaña facilita ás organizacións recursos de sensibilización enfocada ao coidado do benestar mental e unha boa xestión do estrés.

 

Publicado o: 02/09/2024

Nutrición e actividade física

Oriéntase á sensibilización en nutrición e en actividade física e os seus beneficios, coa intención de dotar recursos ás persoas para que manteñan unha dieta saudable e practiquen actividade física de forma habitual.

 

 

Publicado o: 02/09/2024

Capital psicolóxica

Facilita coñecemento sobre o significado e o nivel da Capital Psicolóxica para unha boa a xestión do Benestar Psicosocial. Dispón dun instrumento para a súa medición o que permite á organización unha análise previa á toma de decisións e a priorización das accións.

 

Publicado o: 02/09/2024

Prevención de hábitos tóxicos

Facilita á empresa participar como axente/promotor social de cambio na creación de medios máis saudables, sensibilizando as persoas sobre a prevención do consumo de tabaco e outras substancias tóxicas.