Sobre Mutua Universal

Publicado o: 17/02/2016

Mutua Universal presta os servizos atribuídos ás mutuas mediante a aplicación dun modelo propio de xestión orientado ás máis elevadas prestacións e desenvolvido sobre os principios de universalidade, excelencia, innovación e tecnoloxía e proximidade.

A Entidade mantén vixentes os principios que a caracterizaron ao longo de seus máis de 110 anos de historia, adaptando o seu modelo de xestión á realidade e necesidades das empresas actuais con obxecto de participar, mediante unha calidade asistencial excelente, na mellora da produtividade e o mantemento de equipos de alto rendemento.


Constitución

Constituíuse o 3 de maio de 1907 co nome de MUTUA GENERAL DE SEGUROS; a súa denominación actual de MUTUA UNIVERSAL MUGENAT foi establecida pola Xunta Xeral que tivo lugar o día 30 de marzo de 1993, e aprobada a modificación da denominación social o 12 de maio de 1993, e aprobouse a modificación da denominación social por Resolución da Dirección Xeral de Ordenación Xurídica e Entidades Colaboradoras da Seguridade Social o día 12 de maio de 1993.

Desde o 17 de decembro de 1968 está inscrita no Rexistro de entidades colaboradoras co número 10. Dispón da autorización definitiva para colaborar na xestión da Seguridade Social desde o 13 de decembro de 1968.