Sobre Mutua Universal
Mutua Universal presta os servizos atribuídos ás mutuas colaboradoras coa Seguridade Social mediante a aplicación dun modelo propio de xestión orientada ás máis elevadas prestacións.
Constituíuse o 3 de maio de 1907 co nome de MUTUA GENERAL DE SEGUROS; a súa denominación actual de MUTUA UNIVERSAL MUGENAT foi establecida pola Xunta Xeral que tivo lugar o día 30 de marzo de 1993, e aprobada a modificación da denominación social o 12 de maio de 1993, e aprobouse a modificación da denominación social por Resolución da Dirección Xeral de Ordenación Xurídica e Entidades Colaboradoras da Seguridade Social o día 12 de maio de 1993.
Desde o 17 de decembro de 1968 está inscrita no Rexistro de entidades colaboradoras co número 10. Dispón da autorización definitiva para colaborar na xestión da Seguridade Social desde o 13 de decembro de 1968.