Retribucións de altos cargos e indemnizacións
De conformidade co que se dispón no artigo 3 da Orde TIN/246/2010, do 4 de febreiro, anualmente a Xunta Directiva debe adoptar o oportuno acordo relativo á contía das compensacións por asistencia ás reunións do Órgano de goberno e a Comisión de Prestacións Especiais, as cales se incrementarán ao comezo de cada exercicio, como máximo, no Índice Prezos de Consumo (IPC).
Para o ano 2025 son de aplicación os seguintes importes:
- Xunta directiva: 896,22€
- Comisión de prestacións especiais: 744,99€
De conformidade co que se dispón na Orde 2/8/1995 e Resolución do 14 de novembro de 1995, anualmente a Xunta Directiva debe adoptar o oportuno acordo relativo á contía das compensacións por asistencia ás reunións da Comisión de Control e Seguimento, as cales se incrementarán ao comezo de cada exercicio, como máximo, no Índice Prezos de Consumo (IPC). Para o ano 2025 é de aplicación o seguinte importe:
- Comisión de Control e Seguimento: 701,12€
A retribución do director xerente no ano 2024 foi de 114.969,24 euros en concepto de retribución básica e 68.951,52 euros en concepto de retribución complementaria.
Durante o exercicio 2024 non se satisfixo ningunha indemnización.
*Información actualizada en febreiro 2025