Radioloxía dixital en todos os nosos centros

Publicado o: 22/12/2015

Pódese considerar a radioloxía dixital como o maior avance tecnolóxico en sistemas de imaxes de uso médico da última década. As imaxes pódense obter, borrar, modificar e pódense enviar a continuación a unha rede de ordenadores. En poucos anos veremos como a película fotográfica para raios X caerá completamente en desuso. Unha analoxía apropiada e fácil de entender é a substitución das cámaras fotográficas tradicionais polas cámaras dixitais.

Os beneficios que achega a radioloxía dixital son enormes. O médico pode ver nunha pantalla de alta resolución a imaxe e incluso emitir un informe poucos minutos despois de realizarse a exploración.

As imaxes xa non se gardan nun único lugar, senón que varios médicos situados a quilómetros de distancia poden velas simultaneamente. Ademais, o paciente pode levar as imaxes de raios X nun disco compacto para poñelas a disposición doutros médicos ou doutros hospitais.

En Mutua Universal realizamos a dixitalización dos equipos de raios X en todos os nosos centros. Isto supón un importante avance na redución das doses de radiación que se utilizan nas probas, xa que deixan de usarse as tradicionais placas, favorecendo ademais a eliminación de residuos de raios X.

Dixitalización raios X

Vantaxes

En comparación coa radioloxía de película convencional, a radioloxía dixital permite:

  • Eliminar as subministracións e produtos químicos e reducir os niveis de radiación
  • Obter unha mellor calidade de imaxe grazas ás posibilidades que ofrece o filtrado dixital
  • Facilitar o acceso a máis información debido a unha mellor resolución de contraste (o ollo só pode ver arredor de 200 niveis de gris; realízanse nas dixitalizacións entre 4000 (12 bits) e 65.000 (16 bits) niveis grises segundo os dispositivos, que se poden converter en niveis accesibles ao ollo dunha forma optimizada de acordo coa información que se desexa
  • Almacenar e enviar información a través de medios dixitais