Prevención

Publicado o: 16/11/2015
Prevención

Redución da sinistralidade

  • Laboratorio de ergonomía

    Somos pioneiros na aplicación da ergonomía para mellorar as condicións laborais con estudos especializados para empresas do sector industrial e de servizos. Realizamos investigación aplicada, deseño e modificación de postos de traballo para que se adapten á persoa e aumentar a produtividade, elaboración de boas prácticas e difusión do coñecemento e cultura preventiva
  • Programas de redución da sinistralidade

    Planes de acción de alta eficacia baseados nunha análise exhaustiva das causas e xestionados conxuntamente con KPIs para a súa avaliación
  • Asesoramento

    Resolver as dúbidas aos profesionais do servizo de prevención na elaboración e implantación de plans e programas de prevención, identificación de necesidades formativas, investigación de accidentes e enfermidades profesionais, actuación en emerxencias e avaliación de riscos
  • Seminarios de orientación técnica

    Unha ampla gama de xornadas para a sensibilización dos traballadores e formación dos mandos intermedios: investigación de accidentes, preparación de inspeccións de traballo, avaliación de riscos e planificación de actividades preventivas
  • Programas de sensibilización

    Actividades de sensibilización e de implantación de pautas de traballo seguro para mellorar a actitude e concienciación dos empregados en aspectos en que é prioritaria a actitude e responsabilidade individual: prevención de trastornos músculo-esqueléticos, manexo do estrés, seguridade viaria, prevención cardiovascular, consumos tóxicos: tabaco, consumo de alcohol e drogas, adopción de hábitos saudables.
  • Plan de redución de accidentes in itinere e in mision

    Programa deseñado para a súa redución tanto de forma xeral como en colectivos específicos. Inclúe sistema global de redución e control dos accidentes e instrumentos e modelos para elaborar o Plan de Mobilidade (MovU)